Práctica do pulsador con memoria

Para 1º de Bacharelato: Vou poñer aquí unhas pistas ao exercicio que vos pedín o outro día, para quen ande perdido.

Cando prememos nun pulsador, un LED acéndese se estaba apagado e apágase se estaba aceso.fluxo_memoria1

  • Creamos unha variable “estadoLED” que almacena o estado no que se atopa o LED (aceso 1 ou apagado 0). Inicialmente poñémola a cero.
  • Utilizamos un condicional if … else … para indicar que cando o pulsador estea premido o LED deberá acenderse se o valor da variable estadoLED é 0 e deberá apagarse se o valor de estadoLED é 1. Hai que lembrarse de cambiar a variable estadoLED unha vez que o LED cambie de estado.
  • Debedes poñer un retardo (delay) ao final do bucle para evitar que detecte varios pulsos cada vez que prememos. Máis adiante xa veremos como solucionar mellor isto.

Na dereita tendes un diagrama de fluxo do proceso.

Esta é unha montaxe que podedes utilizar no simulador 123DCircuits para facer probas na casa:

123DCircuits_LED_pulsador

Xa son demasiadas pistas, así que non hai escusa para non facelo ben!


Deixa un comentario