Proxectos arduino

arduino

Con bastante retraso publico algúns dos proxectos de control e robótica con arduino do curso pasado 2020-2021:

Cinta transportadora:

Proxecto de Joaquín, Vanesa e Rubén. Curso 2020-2021. Separa tres tamaños de cilindro e conta as pezas pequenas e medianas, mostrando o resultado nunha LCD.

Ver proposta.

Ascensor

Proxecto de María, Manuel, Tania e Chiti no curso 2020-2021 . Ascensor programando as portas corredizas Articulated sliding doors de Thingiverse.

Ver proposta.

Invernadoiro

Proxecto de Daniel, Xandre, Diego e Pedro no curso 2020-2021.

Ver proposta.


Paxaro cantor mecánico

Estas cousas que son tan fáciles de facer agora grazas á electrónica tiñan a súa complicación hai un século, como estes autómatas mecánicos para reproducir a melodía dun paxaro cantor. Unha marabilla mecánica!

Mecanismo de Bontems de 1890, restaurado por The House of Automata.

Na páxina singingbirdbox.com podes ver máis vídeos destas incribles caixas musicais.


Como funciona un PLC

Na clase para os sistemas de control e robótica estamos a utilizar placas controladoras arduino, pero na industria o que se usan son Controladores Lóxicos Programables (PLC).

Este vídeo explica de forma moi sinxela como funcionan os PLC nas instalacións de automatización industriais ou de edificios.

A canle de youtube Mentalidad de Ingeniería ten outro vídeos interesantes para aprender tecnoloxía. Bótalle unha ollada.


OpenSCAD

OpenScadEngadín unha nova sección no menú de Impresión 3D cunha introdución ao programa de debuxo OpenSCAD, que permite debuxar programando.

O interesante desta aplicación é que podemos xerar modelos paramétricos, recursivos, aleatorios, … e tamén aprender a programar debuxando :-)

Son exercicios moi básicos para coñecer a ferramenta e empezar a debuxar con ela. Para crear modelos máis complexos habería que saber máis cousas, pero penso que a sección cumpre co mínimo. Se máis adiante teño tempo irei ampliándoa con máis contido.

Podedes acceder desde aquí: https://tecnoloxia.org/impresion3d/openscad/

OpenScad   OpenScad  OpenScad   OpenScad  OpenScad OpenScad OpenScad