Trituradoras

Mirade como esta trituradora é quen de tragar os coches como se nada. Chámase VZ-950 (ARJES), funciona cun motor diésel de 768 CV, é capaz de triturar 180 toneladas de chatarra por hora e tamén separa os residuos metálicos dos non metálicos.

[youtube:ARJES VZ 950 E – stationary shredder for scrap metal]

Hai trituradoras de moitos tipos e tamaños, deseñadas para cada tipo de material que se vaia procesar (pedra, madeira, plásticos, papel, aluminio, etc). Non metades nunca un dedo entre eses dentes!

[youtube:Metals Shredding: Steel Drums (Q)]


MegaXenga

O xenga é un xogo moi interesante para estudar o equilibrio e estabilidade das estruturas. Consiste nun conxunto de bloques de madeira que se colocan de forma cruzada por niveis de tres bloques xuntos ata formar unha torre de certa altura. Cada xogador ou xogadora deberá retirar un bloque de calquera dos niveis inferiores e colocalo na parte superior da torre, facendo medrar o seu tamaño. Gaña quen realizou a xogada anterior á que fixo que a torre se derrubase.

Xogaremos mellor se sabemos un pouquiño sobre o centro de gravidade e a súa relación co equilibrio dunha estrutura, aínda que tamén conta ter destreza e delicadeza movendo as pezas para non facer vibrar demasiado unha torre en equilibrio inestable.

Iso precisamente é o que quixeron demostrar na empresa Caterpillar poñendo as súas máquinas Cat ® a xogar ao xenga: a habilidade dos operadores e a potencia, forza, axilidade e precisión das máquinas. Todo un espectáculo!

[youtube: Built For It™ Trials – Stack: Largest Board Game Played with Cat® Excavators]


As máquinas de Kristoffer Myskja

Dando unha volta por designboom.com atopei a Kristoffer Myskja, un artista noruegués que non deixa indiferente a ninguén cos seus orixinais autómatas.

Dádevos unha volta pola súa web, onde podedes ver fotos e vídeos do seu traballo, entre eles unha orixinal máquina de fumar, que supoño que necesitará saltarse a lei antitabaco para ser exposta na sala dun museo. Non vos perdades o vídeo.

cig4.jpg

Ten outras interesantes obras, nas que xoga co son, coa mecánica e coa electrónica.

kristoffermyskja1.jpgkristoffermyskja3.jpg
kristoffermyskja4.jpgkristoffermyskja2.jpg


Baile de escavadoras

Os “enxeñeiros de varanda” saben atoparlle ben á beleza ás máquinas de construción e ás súas obras, seguindo a transformación dun espazo día a día. Sen embargo o resto dos mortais soen ver estes traballos con incomodidade e desprezo.

Anne Troake axúdanos a ver a maquinaria pesada con outros ollos. Disfrutade deste baile de retroescavadoras:

[youtube: Pretty Big Dig]

Observar a maquinaria pesada e o seu traballo axúdanos a aprender mecánica, pneumática, hidráulica, estuturas, materiais, … Non te queimes coas obras do planE, disfruta delas!

(Visto en Make)