Xornada sobre creación de vi­deoxogos

Queredes saber como se fan os videoxogos?

Os alumnos e alumnas de Tecnoloxía de 4ºESO e Bacharelato estades de sorte. Gradiant (Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia) organiza unha xornada sobre creación de videoxogos en Galicia destinada a estudantes de Educación Secundaria.

A historia do videoxogo en Galicia será explicada por un experto de Continental Games, que tamén nos explicará como producen os seus videoxogos, incluídos os que están a facer para Wii.

Falarase ademais da biometría aplicada ós videoxogos. Un experto de Gradiant ocuparase deste tema e ensinará en que consiste a inmersión en escenas 3D, a detección e seguemento de caras, a realidade aumentada e outras demostracións prácticas.

videoxogos.jpg

A xornada desenvolverase o día 16 a partir das 11 da mañá na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Telecomunicación, no CUVI.

Máis información en Gradiant


Historia dos videoxogos

space invadersTeño que recoñecer que non estou nada posta nos xogos cos que andan agora os meus alumnos e alumnas da ESO, pero cando tiña a súa idade andaba intercambiando cintas de casete con xogos para o commodore 64, por non falar da fardada que era chegar ao cole coa “maquinita” do donkey kong. Anos antes flipaba cos meus irmáns co pong e coa máquina dos space invaders cando tiñamos algunha moeda que meterlle.

Hoxe anuncia Vieiros que os videoxogos máis recoñecidos e famosos están presentes na exposición “Game Over. Una historia de los videojuegos” que se exhibe en Valladolid. Queda algo lonxe de Vigo, pero podemos consultar nesta ligazón a historia dos videoxogos en diversas seccións, os emuladores cos que podemos facer funcionar os vellos xogos nos PCs actuais, e tamén xogar on-line a algúns clásicos.

Neste vídeo podes ver a evolución en 5 minutos:

Moito cambiaron as cousas dende os anos 70, e pódese afirmar que o mundo dos videoxogos constitúe unha forma de cultura e un fenómeno social, ou non somos moitas as persoas que máis dunha vez tarareamos o ti-rirori-rirori-tirori-ro-ri-ro machacón do tetris?.

Aquí tes unha versión ska ideal para as festas veraniegas:


Galería de reliquias tecnolóxicas

PONGO xornal “La Voz de Galicia” busca tecnoloxía obsoleta. Invitan a que lles envíes unha foto para completar a súa galería de reliquias tecnolóxicas. Aquí tes máis información.

imaxe do xogoDas imaxes que vin na galería, eu quédome co “Pong”. Considérase que foi o primeiro videoxogo, polo menos o primeiro que se fixo popular, disto xa hai uns 30 anos. Este trebello electrónico conectábase á tele, que daquela era en branco e negro, e mediante uns cursores debías controlar as raquetas para evitar que pasara a bola. Lembro que se podía seleccionar “con ángulo” ou “sen ángulo”. En fin, toda una reliquia do pasado.

Nesta páxina podes botar unha partida, aínda que non é o mesmo, por suposto que era moito mellor na tele.