A LOMCE reduce drasticamente a tecnoloxía na ESO e elimínaa de 4º e de Bacharelato

O Ministerio de Educación acaba de dar a coñecer o seu anteproxecto de lei educativa. O que temos diante é unha lei completamente anacrónica, antipedagóxica, clasista, segregadora e miles de cualificativos máis. A lei no seu conxunto xa está a ser analizada e criticada por moitas persoas, e supoño que as críticas non pararán de medrar. Eu comparto moitas delas, pero neste blogue falarei do que compete á educación tecnolóxica.

En pleno século XXI redúcese drasticamente a formación tecnolóxica na educación obrigatoria e elimínase de 4º de ESO e de Bacharelato

Actualmente LOMCE
1ºESO 1ºESO Tecnoloxías Troncal obrigatoria
2ºESO Tecnoloxías Troncal obrigatoria 2ºESO
3ºESO Tecnoloxías Troncal obrigatoria 3ºESO Elixir entre “Deseño e Tecnoloxía” e “Utilización das TIC”
4ºESO Tecnoloxía Troncal opcional 4ºESO TIC Ensinanzas aplicadas
Informática Troncal opcional
Pódense escoller en calquera vía, orientada ao bacharelato ou á FP Non aparece a tecnoloxía nas vías orientadas ao bacharelato.
1ºBach Tecnoloxía Industrial I Materia de modalidade na vía de ciencias e enxeñería 1ºBach
TIC Optativa TIC Optativa
2ºBach Tecnoloxía Industrial I Materia de modalidade na vía de ciencias e enxeñería 2ºBach
Electrotecnia Materia de modalidade na vía de ciencias e enxeñería

Que fagan isto só se pode entender desde a perspectiva de quen ten unha profunda incultura tecnolóxica, que non valora como cultura o coñecemento de todo o entorno artificial que nos rodea, que despreza as profesións técnicas e que ten escasa visión sobre as necesidades formativas dunha sociedade do século XXI.

Para comezar, nos primeiros cursos da ESO abórdase o coñecemento tecnolóxico a través dun conxunto de materias inconexas de diferente nome, cando o que se debe facer é introducir a tecnoloxía desde un punto de vista global, no que todas as disciplinas están relacionadas entre si. Trátase de que o alumnado adquira unha mínima cultura tecnolóxica que  lle permita comprender o mundo artificial, as súas características, procesos e a súa repercusión no avance da sociedade. Chama a atención iso de “utilización” das TIC como nome para unha materia, como se as TIC no se usasen, ou coa intención de non abordar os mecanismos que fan posible a súa existencia e que permiten comprender o seu funcionamento. Todo isto paréceme un total despropósito.

Eliminar a tecnoloxía da vía de 4º de ESO orientada cara ó Bacharelato e eliminar a Tecnoloxía Industrial como materia de modalidade para ao alumnado interesado en estudos de enxeñería ou ciclos superiores de FP das ramas tecnolóxicas paréceme unha aberración. Desta maneira non vai ser posible ofrecer unha orientación e preparación cara estes estudos, e provocará unha redución dos coñecementos e competencias necesarias para afrontalos con garantías de éxito.

Actualmente existe a “Modalidade de Ciencias e Tecnoloxía”, e a LOMCE cambia por “Modalidade de Ciencias”. Non se dan de conta de que eliminando a tecnoloxía a formación científica tamén perde, redúcese e queda limitada a dúas materias. Hoxe en día ciencia e tecnoloxía camiñan xuntas, compleméntanse, e non se pode entender ningunha sen a outra.

Nunha situación de crise como a que estamos a vivir necesítase máis ca nunca xente formada, e se queremos que este sexa un país competitivo e tecnoloxicamente avanzado desprezar a educación en tecnoloxía é o último que se debería facer, pois é un verdadeiro suicidio.

Supoño que falarei máis sobre este alarmante tecnocidio.


13 comentarios en “A LOMCE reduce drasticamente a tecnoloxía na ESO e elimínaa de 4º e de Bacharelato”

  1. Hola María!!! he conocido tu pag a través de los PREMIOS BITÁCORAS, me ha parecido muy interesante y muy original..He visto tu clasificación…así que cuenta con mi voto y espero que subas puestos en la clasificación y que tengas mucha suerte!!!

    Yo tb presento mi blog educativo, (soy maestra de EE) te invito a conocerlo y si te gusta y crees que merece tu voto…pues agradecida, jejejejje.
    http//: enlaescuelacabentodos.blogspot.com

    Saluditos especiales!! Buen fin de semana!!
    Te aconsejo que pusieras un traductor wapi…es que no sé gallego jejejjej.

    Responder
    • Non! quedarnos parados non!
      O primeiro que hai que facer é reunirse nas asociación do profesorado de tecnoloxía de cada CCAA. Na rede tecnoprofes hai movemento e algunhas ideas e iniciativas. Podedes poñervos en contacto alí coa xente.
      En apetega temos asemblea extraordinaria o vindeiro xoves ás 19:00h no IES Rosalía de Castro, en Compostela.

      Responder
  2. Como profesor de Matemáticas (e suposto “beneficiado” en termos de horario deste cambio) quería pasarme a comentar que tedes o meu apoio nas vosas queixas. Efectivamente é anacrónico que pensen en reducir/eliminar unha materia fundamental na educación do século XXI. O feito de que eliminen a materia de Tecnoloxía do itinerario deseñado cara ao bacharelato vén transmitir que non teñen nin idea de en que consiste esa materia, ademais de reafirmar a súa ignorancia e prexuízos fronte á FP.
    A miña impresión persoal é que non sabían que facer coa distribución horaria despois de anunciar que lle ían dar máis importancia ás “materias troncais”, e acabaron por cargarse a materia que non aparecía na lei Villar Palasí. Así simple, e así de triste. Moitos azos.

    Responder
  3. Temos que organizarnos e facernos escoitar. grazas aos que traballades na apetega polo voso esforzo continuo na defensa desta materia, e na defensa do ensino. Unha aperta.

    Responder
  4. Esta gente no puede decir que potencia las ciencias eliminando la tecnología de 4º de eso y de bachillerato. la reducción de cualquier materia del ámbito científico-tecnológico es perjudicial por mucho que se aumenten las horas de matematicas, pues hacen falta materias que apliquen las matemáticas y la física en otros contextos como hace la tecnología. Yo soy de física y química y también tenéis mi apoyo.

    Responder
    • Moitas grazas Eva. Con esta lei desaparece ese “ámbito científico-tecnológico” do que falas, quedando unicamente un “ámbito científico” que non vai abordar o entorno tecnolóxico, quedando novamente oculto no noso sistema educativo.

      Responder

Deixa una resposta a Eva Cancelar a resposta