Apoio a Mancomún, Galinux e á Rede de Dinamización

logo_mancomun2.gifHai miles de cousas que non entendo. Por qué queren desmantelar proxectos tan necesarios e eficaces como Mancomún, Galinux e a Rede de Dinamización?logo-rede.gif

Non comento nada máis, xa que está moi claro nas novas que lin en ciberirmandade da Fala e que reproduzo a continuación, só que eu xa enviei o meu apoio:

A Xunta ameaza con desmantelar Mancomún (ligazón)

Acaba de ser publicada a folla de ruta tecnolóxica da Xunta do Partido Popular e todo parece confirmar os peores agoiros que ameazaban os proxectos tecnolóxicos iniciados polo bipartito. Iniciativas tan positivas como Mancomún, Galinux ou a Rede de Dinamización quedan condenadas a desaparecer unha vez que o PEGSI sexa derogado polo novo “Plan Estratéxico Global” que se licitará neste mes de xullo.

Tal como se pode comprobar no documento aprobado hoxe, a Xunta do Partido Popular acaba de aprobar un plan no que os proxectos tecnolóxicos do bipartito desaparecen completamente, sen propoñer alternativas concretas que os reemprazen.

En contra das promesas electorais de Núñez Feijóo -lembremos que prometeu implantar o software libre na Xunta– o plan tecnolóxico nin siquera menciona esta posibilidade. Esta omisión resulta especialmente significativa nun dos eixos prioritarios, o do “e-goberno” (ou sexa, a administración electrónica) no que nin sequera se mencionan os estándares abertos.

Pola democracia no sotware. Pola democracia no idioma (ligazón)

Todos os gobernos fan unhas cousas mellor e outras peor. O bipartito tivo os seus fallos mais unha das cousas boas que fixeron foi a de lanzar o centro de software libre Mancomún. Durante os últimos anos Mancomún mantivo actualizados en galego os programas informáticos máis usados como o navegador (Firefox) ou a ofirmática (OpenOffice). O Galinux, un sistema operativo para poder ter a computadora completamente en galego tamén foi unha iniciativa de Mancomún.

Durante a campaña eleitoral o Partido Popular prometeu implantar o software libre, pero agora que están na Xunta ameazan con desmantelar Mancomún, e nós queremos evitalo. Se tí tamén queres que Mancomún continúe funcionando, axúdanos sumándote a esta campaña: clica nesta ligazón para enviarlles agora un correo electrónico.


5 comentarios en “Apoio a Mancomún, Galinux e á Rede de Dinamización”

  1. Estes políticos son do que non hai…. en canto cambia o goberno dedícanse a tirar abaixo todo o que fixeron os anteriores, sexa bo ou malo, e con esa estratexia non se avanza. Logo quererán que os problemas se arranxen sós, ou que desaparezan por arte de maxia.

    Non son un falante de galego habitual, pero paréceme estupendo poder ter os meus programas en galego, e curiosamente, funcióname mellor o OpenOffice en Galego que en Castelán. E se lle quero ensinar a miña avóa como enviar un correo electrónico, prefiro ensinarlle cun Thunderbird en Galego, que sei que lle vai ser máis sinxelo.

    A ver se aprenden os políticos a ir cara adiante en lugar de ir na dirección contraria ós outros.

    Responder
  2. O bo traballo que viña facendo Mancomún, ten que continuar. Aqueles responsables políticos, deben consideralo de novo, e non acabar con aquelas boas labores que se están facendo. Non quedemos outra vez exclavos das empresas foráneas como Microsoft. Precisamos impulsar os proxectos da nosa terra. Continuar impulsando o software libre. Estas labores, son tarefa de moitos anos, non as matemos apenas nacen.

    Responder

Deixa un comentario