App Inventor

tecnoloxia.org

Loro parlanchín

loroDescrición

Xa coñeces un pouco como funciona App Inventor. Agora imos  crear unha App que gravé a túa voz, e logo a reproducirá como unha mensaxe de voz.

Programamos

Necesitas descargar a imaxe do Loro da túa aplicación:

Loro.png (Imaxe de Pixabay.com  – CC0  Dominio Público)

No Diseñador, necesitas os seguintes elementos:

No bloque da Paleta > Interfaz de usuario:

  • Unha imaxe, que será a do noso loro: Imagen1
  • Unha etiqueta, co texto “Escóitame“: Etiqueta1
  • Un botón, co texto “Pulsa aquí“, para gravar a túa mensaxe: Botón1

No bloque de Paleta > Medios,  os compoñentes invisibles:

  • Recoñecemento de voz, para converter unha voz a texto: ReconocimientoDeVoz1
  • Texto a voz, para reproducir unha mensaxe: TextoAVoz1

O deseño que nos aparecerá no móbil será o seguinte:

loroparlanchindeseno

Na pantalla de Bloques, o noso programa será o seguinte:

loroparlanchinbloques

Reto:

Serías capaz de engadir un botón para que saques unha foto que substitúa ao Loro e así lle podas poñer ti unha mensaxe ao pé?

Lembra que isto xa o fixeches na práctica anterior.