tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Atopa o interruptor

lámpadaAí vai unha proba de enxeño:

Estamos nunha casa de dous pisos. No piso inferior hai tres interruptores e no piso superior hai unha única lámpada de incandescencia.

Debemos descubrir cal dos tres interruptores é o que acende a lámpada tendo en conta que só podemos subir unha única vez ó piso de arriba para comprobar se a lámpada está acesa.

interruptores

Nota: Non podemos saír da casa, non vemos reflexos, non hai unha segunda persoa que nos axude, etc. Só se subimos podemos comprobar se a lámpada está acesa ou non.

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

10 Comments

  1. desmontas a caixa dos mecanismos e miras que interruptor está conectado

  2. ¿Terá que ver con transformacións enerxéticas? a enerxía eléctrica nunha lámpada de incandescencia transformase en luminosa e térmica…quiza aproveitando este coñecemento…

  3. poñemos un detector de luz cunha ldr no piso de arriba e no piso de abaixo temos un zumbador conectado ó circuito e así cando lle damos o interruptor correcto soa

  4. richi / 15/02/08, 9:38:

    poñemos un detector de luz cunha ldr no piso de arriba e no piso de abaixo temos un zumbador conectado ó circuito e así cando lle damos o interruptor correcto soa

    Podería valer, pero esquecinme de dicir no enunciado do problema que non se pode utilizar ningún trebello. Só hai que usar a cabeza.

  5. Antonio Lomba / 15/02/08, 8:57:
    ¿Terá que ver con transformacións enerxéticas? a enerxía eléctrica nunha lámpada de incandescencia transformase en luminosa e térmica…quiza aproveitando este coñecemento…

    Trátase de aproveitar os coñecementos… e non quero dar máis pistas.

  6. kin / 14/02/08, 19:58:
    desmontas a caixa dos mecanismos e miras que interruptor está conectado

    O resto de interruptores poderían estar conectados a outros dispositivos, e todos terían cables. Non valería.

  7. o que fixo esa instalacion electrica quedou descansado

  8. Accionamos un interruptor (por exemplo o da esquerda) e logo de agardar uns minutos, apagamos. Accionamos o interruptor do medio e imos mirar a lámpada.
    Se está acesa, problema resolto pois o interruptor buscado sería o do medio.
    Se está apagada, tocarémola:
    Se está quente, o interruptor buscado será o da esquerda.
    Se está fría, o interruptor buscado sería o único que non accionamos, o da dereita.
    :-)

  9. OK tecno, proba superada

    A clave, como dicía Antonio, estaba na lámpada de incandescencia, que ten moi baixo rendemento: arredor dun 90% da enerxía eléctrica consumida transfórmase en enerxía calorífica.

    A vindeira proba intentarei que sexa máis complicada ;-)

  10. Bueno, polo menos bastantes visitantes déronlle voltas ó coco e iso está fenomenal. Eu souben a resposta en menos dun minuto. Non a puxen para que seguise no mesmo vento que ma trouxo. Na próxima tentarei non facer mal uso da tecnoloxía. Saúdos.

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.