tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Botaduras de barcos

As botaduras de barcos que teño visto sempre foron lonxitudinais, coa popa por diante. É como fan, por exemplo, nos estaleiros Vulcano de Vigo. Pero en moitas ocasións realízase unha botadura lateral, que é do máis espectacular.

Calquera tipo de botadura que se vaia realizar obriga a facer unha chea de cálculos de resistencia da estrutura aos esforzos mecánicos que se producen.

En fogonazos amósannos unha selección de vídeos de botaduras laterais, nas que sorprenden o balanceo e a inclinación dos barcos. Aquí podes ver unha lista de reprodución coa selección de vídeos:

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

2 Comments

  1. Levo nonseicantos veráns traballando nuns asteleiros e é a primeira vez que teño noticia de botaduras laterais XD
    Ainda que tamén é certo que a oficina na que traballei está no medio do monte, así que tampouco asistín a ningunha botadura, nin sequera das normais. ^_^

    Pero agora que vin os videos, a verdade é que me parecen extremadamente interesantes, xa que os esforzos a flexión (por exemplo, se apoiamos unha regla só nas puntas, e facemos forza no medio) son os máis daniños (escríbese así, que o dixeron no Cifras e Letras) para a estructura do barco, e con este tipo de botaduras, evitanse completamente.

    Por outra banda, tendo en conta que un barco leva plomo e formigón para facer peso na parte da quilla, son coma tente-tesos, e é case imposible volcalos, sobre todo se van valdeiros, como nas botaduras.

    Ademáis, remollar ós miróns cunha ola producida polo barco non ten prezo. ^__^

  2. Ola Iván!

    A verdade é que os barcos, se están ben construídos e hai un bo mantemento, aguantan de todo, tanto os esforzos de flexión que se producen na botadura lonxitudinal coma o tremendo impacto que se produce na botadura lateral.
    Se a estrutura non soporta a botadura malamente poderá aguantar os esforzos que se producen un día de temporal con forte oleaxe.

    Hai pouco publicaron en microsiervos un vídeo dun barco sometido a esforzos de flexión. Pódese observar a deformación no corredor.

    Es este vídeo tampouco ten desperdicio: vemos como a metade do barco queda suspendido no aire. Vino en capitannemo.

    A min que me deixen en terra firme, que estou mellor.

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.