CAD 3D online

OnshapeManA tendencia das aplicacións de todo tipo é que se executen desde un navegador e gardemos e compartamos os ficheiros na nube, permitindo que poidamos traballar desde calquera lugar, con calquera dispositivo e con calquera sistema operativo. Isto non vai ser menos para o deseño CAD.

Estas últimas semanas ando a fedellar cunha aplicación moi interesante e con moitas posibilidades: Onshape. Para usala basta con dispoñer dun ordenador, una conexión a internet e un navegador. As posibilidades son moi amplas: deseños CAD 2D sinxelos, deseño de pezas 3D exportables en STL para imprimir nunha impresora 3D e animacións de sistemas mecánicos.

Aquí tedes un exemplo de traballo con Onshape:

[youtube: Part Studios in Onshape]

Outra aplicación interesante que descubrín hai pouco é tinkercad. É máis sinxela e menos profesional que Onshape, pero para a ESO ten moitas posibilidades. Botádelle unha ollada.

Claro que nos centros de ensino deberían actualizar os equipos (a última dotación que temos son os DELL do 2006) e mellorar as conexións a internet. Non soluciona nada a última dotación de encerados interactivos en todas as aulas cando temos serias limitacións nos equipos para o alumnado e na conexión a internet. A prioridade en dotacións non debería ser a instalación de encerados para que o alumnado mire para eles, senón equipos informáticos cos que poida traballar e un ancho de banda decente, non?

Veña, a debuxar!


2 comentarios en “CAD 3D online”

  1. Moi interesantes as achegas. Coido que habería que incluír a necesidade de que o navegador admita WebGL, outra eiva en equipos dos centros educativos, que en moitos casos aínda van con XP >:(

    Responder

Deixa un comentario