tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

5 Comments

  1. Desafortunadamente, hai moita xente que pensa que a tecnoloxía debe aspirar a construir un mundo así, tal vez con un interfaz máis amigable, pero así a fin de contas.

  2. É unha visión catastrofista da intervención humana no entorno, pero non é a tecnoloxía a que constrúe ese terrible mundo, senón a economía. A tecnoloxía só está ao servizo das persoas e da sociedade para facilitar a vida e solucionar problemas, pero quen manda é o diñeiro. Creo que a crítica ten que ir por aí.

  3. Como se pode ver no video http://www.youtube.com/watch?v=QosF0b0i2f0 a maioría das veces a tecnoloxía está ao servizo da economía, pois aumentando o consumismo aumenta a economía mundial…. As grandes empresas limitan a vida útil dos aparellos para que consumamos mais, o que implica contaminación, esgotamento dos recursos, e a maioría das veces sen ter en conta a sostibilidade, a reciclaxe ou simplemente a reparación (na actualidade e máis barato comprar un produto novo que reparar un obsoleto)

  4. Grazas polo vídeo, Reyes, interesantísimo! Merécese un post.

    A verdade é que ultimamente estamos vendo como todo está poñéndose ao servizo da economía. Non só a tecnoloxía, tamén a cultura, a política, a comunicación, as leis, … e incluso diría que a propia democracia. Supoño que isto terá que estoupar nalgún intre.

    Veña, graciñas de novo

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.