XVI Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

Se algo caracteriza ao profesorado da especialidade de Tecnoloxía é a constante necesidade de actualizarnos, e non hai mellor sitio no que aprender que nas Xornadas de Tecnoloxía de Galicia que anualmente organiza APETEGA. Este ano chegamos á décimo sexta edición das xornadas, e desenvolveranse no IES Xesús Taboada Chivite de Verín os días 21 e 22 de abril.

Á espera do programa definitivo de obradoiros, imos contar con formación práctica de deseño e impresión 3D, Linux, Arduíno, Raspberry Pi, edición de vídeo ou música electrónica entre outros. Podedes ver o programa provisional coa estrutura das xornadas nesta ligazón.

O período de inscrición vai desde o 3 ata o 17 de abril e realizarase desde un formulario que se habilitará na web de apetega, onde podedes atopar toda a información relacionada co evento.

Eu contribuirei como relatora nos obradoiros de Arduíno, e noutros como alumna, que aínda teño moito que aprender. Vémonos alí!


Open Source Hardware na OSHWDem

Este sábado 5 de novembro hai unha nova cita para as amantes de electrónica, a robótica e o Open Hardware en xeral: OSHWDem (Open Source HardWare Demonstration), unha feira con filosofía BarCamp sobre tecnoloxías libres organizada por BricoLabs e que se celebrará museo Domus de A Coruña.

oshwdem2016

Haberá unha exposición con máis de 30 proxectos libres confirmados, múltiples competicións de robótica e interesantes obradoiros do máis variado (Impresión 3D, electrónica, programación, etc.)

Tes máis información na web de OSHWDem.


Maker Faire Galicia

Se aínda non tendes plan para esta fin de semana, unha boa opción tédela no Maker Faire Galicia, que terá lugar no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela os días 1 e 2 de outubro.

Esta feira Maker será escaparate dunha chea de proxectos de todo tipo (robótica, impresión 3D, electrónica, arte, etc.) e contará con obradoiros, charlas, debates, espectáculos, música e actividades para todos os públicos.

Botádelle unha ollada á web do evento e ao programa e animádevos a ir.

makerfairegalicia