tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Creación de obxectos sonoros no alg-a lab

Ten boa pinta este obradoiro “Creación de obxectos sonoros” programado para a Feira Imaxinaria 2014 do Alg-a Laboratorio (do 39 ao 31 de agosto en Valadares, Vigo)

Copio a descrición:

908882_origNeste obradoiro esencialmente práctico búscase unha re-apropiación de sons escondidos, daqueles sons conservados nos espazos máis improbables da nosa vida. Neste taller serán transformados materiais naturais e obxectos comúns da vida cotiá, para crear instrumentos que poidan producir universos sonoros únicos e orixinais, sen descartar as posibilidades da electrónica (amplificadores, circuítos sinxelos e micrófonos de contacto) e a electromecánica. (Motores, altofalantes, etc). Por último faremos exercicios de escoita profunda e improvisación.

Máis información: Creación de obxectos sonoros

XIII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

Xa está aberto o prazo de inscrición nas XIII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia, que terán lugar os días 30 e 31 de maio no IES Vilar Ponte de Viveiro (Lugo)

Dáme mágoa non poder asistir este ano e perderme as conferencias de tecnomaxia, realidade aumentada e obradoiros prácticos do máis variado. Os que poidades animádevos a ir!

Máis información:

 …

Non á LOMCE

Hoxe toca manifestarse en contra da nova lei educativa: a LOMCE.
Son miles as razóns para estar en contra desta absurda e inxusta lei, inaceptable para todas aquelas persoas que defendemos unha educación pública de calidade. Só agardo que se impida a súa implantación, e que chegue o día en que os representantes políticos sexan capaces de tomarse a educación en serio e de chegar a un acordo que dea estabilidade ao sistema educativo, garantindo o acceso a toda a poboación a unha educación pública de calidade en calquera nivel, acadando deste xeito unha sociedade máis culta, máis competente e máis libre.

Convocatoria para un proxecto de automática/robótica con hardware e software libre

GALPon (Grupo de Amigos Linux de Pontevedra), coa intención de fomentar o coñecemento e emprego das tecnoloxías libres entre a mocidade, fai un ofrecemento moi interesante a aqueles centros de ensino e entidades adicadas á formación da provincia de Pontevedra que presenten un proxecto de automática e robótica con hardware e software libre.

GALPon subministrará o material necesario para a realización do proxecto ata un importe máximo de 1.000 €, contribuirá no asesoramento do equipo de traballo na escolla de software, poderá axudar na programación dos scripts, e concederá un premio en metálico aos membros do equipo no caso de que o proxecto acade o resultado previsto.

Non queda moito tempo para presentar un proxecto (ata o 1 de outubro), pero paga a pena intentalo, especialmente para aqueles centros que non conten con recursos para mercar hardware. É unha oportunidade para arrancar con arduino nas clases de tecnoloxía de ESO e Bacharelato, ou de montar unha impresora 3D como a que nos contaba Tucho hai pouco neste blogue.

Tes toda a información en:

XII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

Para o profesorado de Tecnoloxía: Xa están en marcha as XII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia, organizadas por APETEGA.

Este ano terán lugar no IES A Guía, en Vigo, os días 31 de maio e 1 de xuño de 2013, e contarán con múltiples obradoiros prácticos. O prazo de inscrición abrirase o 17 de maio.

Tedes toda a información na web de apetega.

 

Intentarei achegarme por alí, pero coa intención de tomalo con calma. A ver se me atopo ben eses días.…