Concurso de cartaces de apetega

apetegaA Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) convoca o concurso para o deseño do cartel anunciador das IX Xornadas de Tecnoloxía de Galicia, dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato dos centros educativos de Galicia.

As xornadas este ano serán os días 24 e 25 de abril no IES Otero Pedrayo de Ourense, e o premio será material electrónico/informático valorado en 150€.
Pódense consultar aquí as bases do concurso.

É unha oportinidade para practicar con programas de deseño gráfico e esmerarse para conseguir o premio.

O noso compañeiro Antonio, do IES Mendiño de Redondela ten publicados no seu blogue algúns videotitoriais de GIMP. (web da aplicación)
Pódense consultar nesta ligazón.

E o noso compañeiro Tucho ofrécenos tamén no seu blogue uns titoriais de InkScape. (web da aplicación). Pódense consultar nesta ligazón

Debedes utilizar imaxes libres ou con licenza creative commons para o deseño do cartaz. Hai un tempo publiquei un post no que ofrecía enderezos de bancos de imaxes que vos poden ser útiles para realizar este traballo.

Sorte no concurso!


Bancos de imaxes

Xa sexa para os apuntes do profesorado como para os traballos do alumnado temos que botar man de imaxes da rede para ilustrar ditos documentos. Se imos publicalas en internet, hai que ter coidado coa licenza da imaxe.
Aquí van algunhas direccións nas que podemos conseguir (e nalgúns casos aportar) imaxes para a área de tecnoloxía:

Se sabes dalgunha galería máis que sexa útil para o ensino da tecnoloxía podes indicala para engadila no listado.


GPS de 1920

Na imaxe podes ver un sistema de navegación en versión mecánica de 1920.

GPS de 1920

Non existía o GPS, así que había que conformarse con enrolar nun soporte mecánico de pulseira un pergamino no que ía debuxada a ruta a seguir. Alta tecnoloxía.

(Visto en tec.nologia.com)