Electricidade con bicicletas

Moi interesante esta instalación que fixeron no IES Laxeiro de Lalín. O alumnado do centro tivo que pedalear duramente para producir a electricidade necesaria para a festa do Día das Letras Galegas. Unhas bicis, un alternador, unhas baterías e sobre todo moito esforzo físico para iluminar un festival do máis didáctico. Parabéns!

(Visto en mecanizadofacil.blogspot.com)


Electricidade 2.0?

Gústanme as visións de futuro. Moitas non son máis ca ciencia ficción, pero outras acaban facéndose realidade.

Hoxe atopeime unha destas visións no blogue de Tiscar que me deixou bastante perplexa: Electricidade distribuída, ao estilo web 2.0., da man de Tom Raftery, consultor de GreenMonk.

decor_1.jpgPara Tom Raftery, trátase da posibilidade de crear no futuro unha rede eléctrica intelixente para o fornezo de enerxía que tome como modelo o sistema de distribución propio das redes dixitais. No concepto de Electricidade 2.0 ou Grid 2.0 que propón Raftery, novas tecnoloxías posibilitarían unha redistribución da electricidade e un aproveitamento dos excedentes enerxéticos a escala mundial.

Un dos retos máis importantes aos que se enfronta o planeta é a xeración, conservación e distribución de enerxía dentro dun equilibro sostible. Ata agora tiñamos grandes empresas que se dedicaban á xeración masiva de electricidade. Aplicando a lóxica da web 2.0, o modelo de rede eléctrica intelixente ábrese aos usuarios, de modo que estes poidan converterse tamén en xeradores e distribuidores de enerxías renovables e adaptar os seus consumos segundo a información de prezos en tempo real.

Será posíbel tal cousa no futuro?

(Información obtida en tiscar.com)


Realidade Aumentada e SketchUp

eiffel.jpg Hai un tempo publiquei un post sobre Realidade Aumentada, no que se amosaban unhas aplicacións en flash para engadir información virtual ao entorno real. Pois temos novas ferramentas para experimentar:

Con ARsights podemos reproducir modelos 3D de Google Earth. Debes descargar previamente a aplicación, imprimir a plantilla, elixir o modelo e conectar a cámara.

Pero o máis interesante de todo isto é poder deseñar as nosas propias figuras e experimentar a realidade aumentada con elas.

Daquela xa falei de BuildAR, pero paréceme máis interesante AR-media, Trátase dun plugin para Google SketchUp que nos permite integrar na realidade os modelos 3D que debuxamos con dita aplicación.

Aquí tes un vídeo no que podes ver as posibilidades:

En Tecnotic infórmannos doutra aplicación interesante que podemos experimentar. Neste caso podemos ter no noso escritorio animacións de enerxía eólica e enerxía solar.
Temos que ir a ge.ecomagination.com, imprimir a plantilla, conectar a cámara web, e xa temos as nosas animacións.

AReolica.jpgARsolar.jpg

Ver tódalas anotacións sobre Realidade aumentada


Fabricación e montaxe de aeroxeradores

Moitos e moitas de vós xa coñecedes as partes dun aeroxerador e sabedes cómo funciona, pero … Sabedes como se fabrica e se monta?

Na web de Gamesa, empresa especializada na fabricación de aeroxeradores, móstrannos como é o proceso de fabricación e de montaxe.
Podes velo nesta infografía: (preme na imaxe para acceder a ela)

gamesa.png

Ou tamén podes ver a explicación con texto e imaxes.

(Via: Ingeniería en la red)

Actualización 5/11/2011:
Interesante vídeo da instalación dun aeroxerador visto en microsiervos:
[youtube: Charlestown Wind ]

Se che interesa, tes máis anotacións sobre aeroxeradores publicadas en tecnoloxia.org