Demasiado vento

O día 22 deste mes ocorreu en Hornslet (Dinamarca) o que podes ver neste vídeo: un aeroxerador embalouse e acabou en anacos.

[youtube: Løbsk vindmølle – wind turbine out of control]

Para que un aeroxerador funcione correctamente os ventos non deben superar os 100 km/h (o máximo rendemento prodúcese con ventos de entre 40 e 50 km/h). Cando a velocidade é excesiva ou en caso dun mal funcionamento dalgún dos seus compoñentes os sistemas de seguridade encárganse de frear o rotor e evitar o embalamento.

freo en punta de paOs aeroxeradores adoitan ter varios mecanismos de freo independentes para deter o rotor:

O sistema de freo aerodinámico ou freos en punta de pa é o sistema de freo primario co que contan moitos modelos de aeroxeradores. Consiste en facer xirar 90 graos a punta das pas de xeito que se impide que o vento faga xirar o rotor, freándoo en cuestión dun par de voltas como moito.

freo mecánicoO freo mecánico utilízase como apoio ó sistema de freo aerodinámico, como freo de estacionamento unha vez que a turbina está parada, cando se realizan labores de mantemento e tamén no caso de emerxencia, se o freo en punta de pa falla.

O freo mecánico sitúase no eixe pequeno, o que vai da multiplicadora ó xerador.

 

Está claro que neste aeroxerador do vídeo fallaron tódolos sistemas de freado de emerxencia. Un bo susto.

Podes saber máis sobre aeroxeradores en www.windpower.org

 

Actualización: Aquí tedes unha galería de fotos de accidentes de aeroxeradores

[youtube: Top 5 Wind Turbine FAILS & Mishaps]


Aeroxeradores

Xa temos costume de ver infinidade de aeroxeradores espallados polos montes da nosa terra, e feito Galicia é o país da UE con maior potencia eólica por Km cadrado.

Na terra:

De maior ou menor tamaño, máis altos ou máis baixos, máis rápidos ou máis lentos, tódalas máquinas que vemos son máis ou menos similares. Se queres saber como funciona un aeroxerador recoméndoche que visites “Moliner e o vento”.

Pero aínda non o vimos todo:

Dado que nos aeroxeradores convencionais prodúcense importantes perdas por fricción dos seus elementos, a compañía MagLev Wind Turbine Technologies propón a construcción da xigantesca turbina eólica Maglev, que podería xerar un gigavatio de potencia. Neste dispositivo ás pas da turbina suspéndense sobre un colchón de aire grazas a un sistema de levitación magnética, eliminándose a fricción e aumentando o rendemento.

maglev
(fonte: tecnoaereo)

No aire:

Na procura dun lugar que aumente o rendemento dos aeroxeradores hai quen propón instalalos a unha maior altura. Existen diversos prototipos.

A empresa Magenn Power propón situar uns aeroxeradores eólicos a 330 metros de altura. Trátase dun dispositivo de 30 m de ancho recheo de helio (co fin de manter a elevación) e está provisto dunha turbina de eixe horizontal.

turbina elólica de helio
(fonte: ecofactory)

Empresas e universidades están a estudar a posibilidade de deseñar turbinas que poidan voar.
Cada planta contaría con catro rotores (semellantes aos dos helicópteros) para mantela no aire. A electricidade transmitiríase por cabos de aluminio.

turbina voadora
(fonte: vieiros)

Ambos sistemas contarían cun amarre ao chan.

No mar:

Os aeroxeradores poden instalarse no mar, resultando máis rendibles cos de terra porque os ventos no mar garanten unha produción sostida de enerxía. A pesar do rexeitamento do goberno galego á instalación de parques eólicos mariños na nosa comunidade, un estudo do Goberno central sobre as áreas potencialmente máis valiosas neste campo incluíu un sector da costa de Lugo e o litoral dende Baiona ata a fronteira portuguesa.

parque eólico mariño
(fonte: instantshift.com)

Non son muíños:

Unha recomendación para falar con propiedade: Non se debe chamar “muíño” a un aeroxerador. Un muíño serve para moer, e un aeroxerador serve para xerar enerxía eléctrica a partir do vento. Polo tanto, nos parques eólicos non hai muíños, senón aeroxeradores.

Datos:

Asociación eólica.


Afundímonos?

Galiza afundidaQue pasaría se na costa de Galicia segue subindo o nivel do mar na proporción en que o leva facendo os últimos dez mil anos?

Voz Natura ofrécenos un simulador (.kmz) no que podemos visualizar como quedaría a costa galega co paso dos anos (ou máis ben séculos). Necesitas ter instalada a última versión de Google Earth.

Clica aquí e comproba en que ano a túa casa quedaría baixo o mar movendo a liña de tempo que atoparás na marxe superior de google earth.

Supoño que non haberá que tomarse estas imaxes á tremenda, nin afirmar que iso vaia ser así, xa que é imposible facer unha predición a tan longo prazo, e algo de ciencia ficción si que parece, pero non está de máis concienciarse sobre a necesidade de frear o quecemento global do planeta e, por que non?, pasar un bo rato mirando como a nosa casa queda afundida baixo as augas do Atlántico.

Por curiosidade: Baiona desaparece, pero o instituto aguanta en pé!


Máis alá das Baterías: Almacenar enerxía nunha folla de papel

pila de papelO Rensselaer Polytechnic Institute dos Estados Unidos acaba de presentar unha pila eléctrica que ten forma de papel. Trátase dunha batería constituída por un 90% de celulosa e un 10% de nano-tubos de carbono que serven de electrodos e transmiten a electricidade.

Pódese usar como fonte de enerxía en calquera aparello que se nos ocorra, pero con innumerables vantaxes: funciona cos electrólitos naturais existentes no sangue e suor dos seres vivos (útil para implantes médicos como marcapasos), é ultralixeira, extremadamente fina e flexible, e funciona a temperaturas extremas. Ao contrario que as pilas e baterías convencionais, altamente contaminantes, a pila de papel é facilmente biodegradable e non contén ningunha substancia química tóxica.

Fonte: Código cero