tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

O estadio olímpico de Beijing

O Estadio Olímpico de Beijing coñécese tamén polo nome de “niño de paxaros” pola forma en que se entrelazan as barras de aceiro da súa impresionante estrutura.

Estadio olímpico de Beijing

Aquí podes ver un vídeo sobre o proceso de construción:

Nesta galería de Flickr podes ver imaxes da construción.
Construción do estadio

Nesta outra web podemos ver as diferentes propostas que se presentaron a concurso…

Estanterías

O verán é un bo momento para organizar a casa e todos eses trastos que hai dentro e, de paso, darlle un toque persoal. O interesante é deseñar e montar os propios mobles.  Hai que ter coidado en calcular ben o despece dos taboleiros e tamén na estabilidade da estrutura, pero cun pouco de imaxinación e unhas ferramentas pódese crear unha estantería moi orixinal. Teño que poñerme antes de que remate o verán. Por se alguén máis está con iso, aquí van algunhas ideas atopadas na rede:

As estanterías modulares válenche para adaptalas a diferentes espazos. Parecéronme moi orixinais estas con módulos que se entrelazan para formar diversas configuracións, inspiradas no tetris ou que desafían a gravidade.

particle-elements.jpg
tetrisdesafío á gravidade

Tamén podemos aproveitar as estanterías para agochar mobles dentro delas, como se pode ver nestas fotos:

estantería con mesasestantería con sillas

Tamén son interesantes algunhas feitas con diferentes materiais, como esta estantería metálica extensible, unha feita cunha goma elástica, ou a feita con divertidos ladrillos de cores.

extensibleelásticade ladrillos

E que vos parece esta en forma de ecuación matemática? E a que se pode enrolar?
ecuación estante enrollable

Bueno, eu quédome coa estantería que agocha unha mesa no interior, que sempre pode ser útil para subir á parte alta ou utilizala como moble supletorio. O que non me convence é iso dos estantes inclinados.

Para estantería chula esta de mármore, pero creo que está deseñada para non meterlle nada dentro, que é como queda bonita, e para iso hai que ter unha casa grande con moita parede, que non é o caso.

estantería de mármore

50 anos de LEGO

Hoxe hai 50 anos que se rexistrou a patente de LEGO. Dende aquela xa se fabricaron máis de 400.000 millóns de ladrillos.

O material:

A empresa empezou fabricando as pezas de madeira, pero pronto pasouse ó plástico. Inicialmente optou por utilizar acetato de celulosa. Debido ós problemas de deformación e inestabilidade dese material, en 1963 empezou a utilizar ABS (acrilonitrilo butadieno estíreno), máis resistente e inocuo.

Podes ver aquí unha animación do proceso de fabricación dos ladrillos LEGO:

fabricación

A estrutura:

A resistencia dos ladrillos non só ten que ver co material utilizado, senón tamén coa súa estrutura. A introdución dos perfís circulares no seu interior evita o arqueo e tamén mellora a capacidade de suxeición das pezas.
ladrillos

Movemento e automatización:

Ata 1974 as construcións eran completamente estáticas. A partir de entón a empresa incorpora engrenaxes, pancas, eixes e rodas, o que permitiu a construción de todo tipo de sistemas mecánicos.
En 1986 introducen compoñentes pneumáticos e en 1998 LEGO saca ao mercado o primeiro robot Lego Mindstorms, que permite a construción de sistemas integrados con partes electromecánicas controladas por ordenador.

robot

Creatividade:

LEGO, pola súa versatilidade, é utilizado para a construción de infinidade de obxectos. Podes ver aquí unha galería de obxectos fabricados con LEGO ou inspirados nel.


1 4 5 6