tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Impresora 3D de vidro

A impresión 3D entra no mundo da fabricación de obxectos de vidro mediante o método 3DGP do MIT Media Lab.

glass.2x519.gifA impresora consta dunha cámara de calor que almacena e proporciona o material fundido a máis de 1000ºC e dunha cámara inferior que se encarga de ir arrefriando a estrutura de maneira controlada. Posúe un dosificador especial composto por circonio, alúmina e sílice capaz de soportar ditas temperaturas e evitar que o vidro fundido se adhira.

Este novo proceso de fabricación permite axustar a xeometría creando estruturas que non serían posibles con métodos tradicionais, e permite ademais controlar as propiedades ópticas do vidro, abrindo un feixe de posibilidades.

Mirade este vídeo:

[GLASS from Mediated Matter Group on Vimeo.]

Forxa do rotor dun xerador

Este é o rotor dun gran xerador dunha central eléctrica, antes e despois de rematado o proceso de fabricación:

rotor_inicio rotor
(Imaxes de heavysteel-forgings.com)

Para conformar unha peza destas características a partir dun bloque de aceiro recórrese ao proceso de forxa, mediante o cal a deformación do aceiro se produce pola acción de forzas de compresión a través de prensas hidráulicas. Unha vez conseguida a forma axeitada remátase a peza mediante diversas operacións de mecanizado.

Neste vídeo podes ver todo o proceso:

[youtube:Forjando um Grande Eixo Construindoo A Rede Social da Engenharia e Construção]

Detalle do rotor e o estátor dun xerador:

generador_rotor2

(Imaxe de endesaeduca.com)

 …

Trituradoras

Mirade como esta trituradora é quen de tragar os coches como se nada. Chámase VZ-950 (ARJES), funciona cun motor diésel de 768 CV, é capaz de triturar 180 toneladas de chatarra por hora e tamén separa os residuos metálicos dos non metálicos.

[youtube:ARJES VZ 950 E – stationary shredder for scrap metal]

Hai trituradoras de moitos tipos e tamaños, deseñadas para cada tipo de material que se vaia procesar (pedra, madeira, plásticos, papel, aluminio, etc). Non metades nunca un dedo entre eses dentes!

[youtube:Metals Shredding: Steel Drums (Q)]

Corte por láser

Do 9 ao 13 de novembro celébrase a II Semana Internacional do Láser. Son moitísimas as aplicacións que ten a tecnoloxía láser na industria, especialmente no referente á fabricación mecánica e procesado de materiais.

Un exemplo tédelo no seguinte vídeo no que se pode ver unha máquina-ferramenta que realiza operacións de corte mediante tecnoloxía láser. O metal fúndese nos puntos polos que pasa o feixe de luz láser e os residuos son retirados cun gas a alta presión. As operacións prográmanse mediante CAD 3D e a máquina encárgase do resto de forma automática. O aceiro parece manteiga!

[youtube:Laser tube cutting machines | BLM GROUP]

Retorcendo o metal

Aquí van uns vídeos nos que se ve a facilidade con que se retorce o metal para obter distintas formas. Cada máquina está deseñada e programada para realizar os precisos movementos que permiten obter diferentes formas.

Os obxectos están deseñados para soportar esforzos que non superen o límite elástico do material, pero na conformación das pezas trabállase na zona plástica, máis alá do límite de fluencia, o que permite ao material adaptar unha forma permanente unha vez ceden os esforzos aos que se somete coas máquinas de conformado.

Clip

Máquina para obrar arames

[youtube: Fastest Wire Bending in the World. AFE-2D6 ULTRA CNC Wire Bender from AIM Inc]

Máquina para facer resortes

[youtube: 6mm CNC 12 Axis Wire Former- Model CMM-12-600RW]

Máquina para dobrar tubos

[youtube: Sharpe Products NISSIN 3D Tube Bender Video]