Retorcendo o metal

Aquí van uns vídeos nos que se ve a facilidade con que se retorce o metal para obter distintas formas. Cada máquina está deseñada e programada para realizar os precisos movementos que permiten obter diferentes formas.

Os obxectos están deseñados para soportar esforzos que non superen o límite elástico do material, pero na conformación das pezas trabállase na zona plástica, máis alá do límite de fluencia, o que permite ao material adaptar unha forma permanente unha vez ceden os esforzos aos que se somete coas máquinas de conformado.

Clip

Máquina para obrar arames

[youtube: Fastest Wire Bending in the World. AFE-2D6 ULTRA CNC Wire Bender from AIM Inc]

Máquina para facer resortes

[youtube: 6mm CNC 12 Axis Wire Former- Model CMM-12-600RW]

Máquina para dobrar tubos

[youtube: Sharpe Products NISSIN 3D Tube Bender Video]


Fabricación dun automóbil

O xoves que vén imos de visita a PSA Peugeot Citroën, en Vigo.

Hai tempo na web de Citroën tiñan unha estupenda animación na que se vían todas as fases do proceso de fabricación, pero por desgraza xa non está. Porén, hai moitos vídeos en Internet nos que se amosa o proceso. Aquí tedes algúns, pero lembrade antes as fases do proceso de fabricación dun automóbil:

1. Embutición:A partir de chapa galvanizada confórmanse as distintas pezas da carrocería. Primeiro córtanse as pezas e despois embútense mediante grandes prensas. Foto 4
2. Soldadura:As distintas pezas de chapa únense mediante soldadura láser ou por puntos eléctricos. É a parte máis robotizada do proceso. feraxe
3. Pintura:As carrocerías sométense a tratamentos que as protexen da corrosión e píntanse. Realízase tamén mediante robots, pero nós non imos ver esta parte. pintura
 4. Montaxe:Colócanse a portas, taboleiro de mandos, asentos, parabrisas, rodas, motor, etc.  montaxe
5.  Control de calidade.

Vídeos da fabricación dun automóbil:

[youtube: PSA Peugeot Citroën Fabricación de un automóvil.]

[youtube: Citroën C-Elysée Fabricación – PSA Peugeot Citroën Vigo]

[youtube: Cómo se fabrica un coche]

Vídeo de robots industriais traballando en distintos sectores:

[youtube: Robots industriais traballando]