Como facer que unha planta postee en Twitter

Cando temos plantas variadas nas nosas casas observamos como unhas requiren máis auga ca outras, e resulta complicado atinar coa cantidade xusta, polo menos cando a planta é nova e non a coñecemos. E se andamos coa cabeza noutro lado podemos esquecernos de regalas durante demasiado tempo.

Una solución é que sexan as propias plantas as que nos avisen cando necesitan auga, e pódeno facer chamándonos por teléfono ou escribindo un post en twitter, facendo que tamén as plantas se integren a esta rede social.

Membros do programa de Telecomunicacións Interactivas da Universidade de New York atoparon a maneira de facelo utilizando un sensor de humidade e unha controladora arduino.

Podes ver as instruccións en Botanicalls (www.botanicalls.com)

botanicalls.jpg

(fonte: www.alambre.info)

E, se queres, tamén podes seguir a “Pothos” en twitter


Alma de ferreiro

Grazas a “Colgado de las telecomunicaciones“, que nos achega unha interesante ligazón moi útil para as clases de tecnoloxía, “Alma de herrero“, na que atopamos despeces de artiluxios e máquinas do noso entorno e orixinais proxectos de construción.

alma de ferreiroalma de ferreiroalma de ferreiro

Se tes “alma de ferreiro” ou de “ferreira”, non te perdas a súa visita. Podes aprender, por exemplo, como funciona unha máquina de coser:
máquina de coser


Barco solar

barco solarNa revista electrónica “Modelling in Science Education and Learning” (MSEL) amósanos un interesante proxecto de construción naval con materiais reciclados.

Aínda que o proxecto pareza sinxelo, para un nivel de 2º de ESO (temos feitos vehículos solares neste nivel), a proposta vai máis alá, pois plantexa un traballo de investigación sobre as propiedades de estabilidade e de movemento dos obxectos na auga, introducindo conceptos de estática e dinámica de fluídos, mecánica e enerxía, polo que sería interesante o traballo interdisciplinario entre as materias de tecnoloxía e física.

Unha vez construído o barco, o alumnado pode investigar sobre

– Estabilidade de la nave en función de la posición dos corchos
– Relación entre a velocidade e o nivel de inmersión
– Efectos do cambio do centro de gravidade na estabilidade do barco (enchendo a botella con pedras ou auga)
– Forma e orientación máis eficiente da hélice
– Traxectorias descritas segundo a posición do timón

En base ós resultados obtidos o alumnado debe modificar o deseño da nave, e intentar obter unha navegación o máis fluída, estable e veloz posible.

Se queremos complicalo máis e facer este proxecto en 4º de ESO, poderíase introducir un dispositivo de control remoto para dirixir o aparato.

Máis información
Vídeo do barco solar


IV Mostra de proxectos “Tecnoloxía na rúa”

Por cuarto ano consecutivo, APETEGA organiza a mostra de proxectos “tecnoloxía na rúa“. O alumnado e profesorado galego amosa os traballos realizados durante o curso nas aulas de tecnoloxía.

Será o venres 6 de xuño na Praza do Toural, en Santiago de Compostela, de 17:30 a 19:30 horas. Máis información na web de apetega.

Se es profesor ou profesora de tecnoloxía anímate a participar levando proxectos, e se non o es, achégate a botar unha ollada.

Aquí tes uns vídeos das edicións anteriores:

Mostra 2006:

Mostra 2007:


LEGO Digital Designer

Se botas de menos os robots LEGO Mindstorms estas vacacións podes descargar o software LEGO Digital Designer. Permíteche construír os teus propios modelos.

Lego digital designer

Pensade o que necesita o noso robot para superar a proba de rescate de robocampeones ( seguir unha liña negra no chan, detectar vítimas de cores, detectar e sortear obstáculos na liña, detectar o paso dunha habitación a outra, … ) e deseñade un robot cos sensores axeitados na posición correcta. A volta das vacacións probamos os robots e seguimos programándoos.

Pasádeo ben!