tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

A máquina máis inútil do mundo, versión avanzada

Hai tempo que falei aquí da máquina máis inútil do mundo, unha máquina que se apaga a si mesma cando intentas acendela movendo un interruptor de panca.

Ben, pois agora temos unha versión máis avanzada. Podemos acender a máquina con oito interruptores, pero a máquina será capaz moverse para devolvelos a súa posición de repouso. Aquí tedes o vídeo.

[youtube: Useless machine advanced edition] (Vía: Microsiervos)

Foi feita cunha impresora vella, aproveitando o seu deslizador. Se vos interesa, aquí tedes toda a información sobre como foi feita: leyanda.de

VII Mostra de Proxectos “Tecnoloxía na Rúa”

Quen estea en Santiago de Compostela o vindeiro venres 1 de xuño non debe perderse a VII Mostra de Proxectos “Tecnoloxía na Rúa”, na céntrica Praza do Toural. A mostra está organizada por APETEGA coa imprescindible colaboración do IES Rosalía de Castro.

Coma noutras edicións, exporanse os proxectos realizados polo alumnado na materia de Tecnoloxía da ESO de diversos institutos galegos e haberá algúns obradoiros prácticos nos que os asistentes poderán participar.

Este ano, coma novidade, levaremos algúns antigos trebellos que nos permitirán ser conscientes da evolución da tecnoloxía ao longo do tempo. Poderedes falar por uns teléfonos de manivela, facer cálculos con calculadoras mecánicas, ver como eran os ordenadores dos anos 80 (ZX Spectrum, commodore 64), unha videoconsola SOUNDIC, un amplificador HI- FI de válvulas, e moitas máis sorpresas.

  • Data: 1 de xuño de 2012
  • Lugar: Praza do Toural en Santiago de Compostela
  • Horario: de 17:00 a 20:30 horas
  • Cartel anunciador
  • Díptico

VI Mostra de Proxectos “Tecnoloxía na rúa”

apetega_VImostra.jpgQuen ande esta tarde por Santiago de Compostela que non se perda a VI Mostra de Proxectos “Tecnoloxía na rúa” que organiza Apetega.

Trátase dunha mostra de proxectos realizados polo alumnado de tecnoloxía da ESO en diversos institutos de Galicia.

  • Lugar: Praza do Toural. Santiago de Compostela
  • Data: 10 de xuño de 2011
  • Hora: de 17:00 a 20:30 horas

Outras edicións sempre contaron con proxectos do noso insti, pero este ano non poderei ir. A ver o ano que vén ……

A cadea da innovación

Nós mergullarémonos nas vindeiras datas na realización doutros proxectos, así que non participaremos nesta convocatoria, pero aquí vai por se lle interesa a outro centro:

lacadenadelainnovacion.pngA cadea da innovación” é unha actividade que ten coma obxectivo principal conseguir que o alumnado de educación secundaria coñeza e promova actividades e iniciativas emprendedoras relacionadas con proxectos de innovación tecnolóxica que permitan mellorar a calidade de vida das persoas.

O alumnado de calquera instituto de Educación Secundaria de toda España deberá desenvolver un proxecto de carácter innovador que permita mellorar a vida das persoas con algún tipo de discapacidade. O proxecto realizarase a través dunha plataforma web creada para a ocasión, establecendo o obxectivo do proxecto, planificando as actuacións, calculando o plan económico, etc. Nunha seguinte fase, o proxecto será enviado a outro instituto participante, cuxo alumnado deberá aportar posibles melloras.

Tedes toda a información en www.lacadenadelainnovacion.com

MechaniCards, tarxetas de felicitación mecánicas

As tarxetas de felicitación clásicas non poden competir hoxe en día coas aplicacións dixitais, a non ser que sexan algo único e orixinal, coma estas chulísimas tarxetas mecánicas deseñadas por Brad Litwin:


[youtube: Introducing MechaniCardsâ„¢]
(Visto en paperforest)

Sabes identificar os mecanismos que fan posible acadar eses movementos?

Na web de Brad Litwin pódense mercar para montalas, pero son algo caras.

Se non queres gastar os cartos, hai tempo falei doutras tarxetas mecánicas con instrucións que podes descargar. Non son tan alucinantes pero tamén molan.…