Reclaim the Spectrum

Ondas de radioO espazo radioeléctrico é aquel que se sitúa entre os 30 Hz e os 300 GHz e por el circulan os sinais dos sistemas de comunicación como a radio, a televisión, telefonía móbil, GPS ou as redes wifi.

Este espacio de sinais electromagnéticas está regulado legalmente y repartido en concurso, e resulta un recurso extremadamente escaso e precioso. Cando as bandas analóxicas de televisión queden baleiras co paso á TDT, serán moitos os operadores de telecomunicacións que desexen ocupalas con novos servizos.

Pero, de que maneira se administra este espectro? como se deciden os seus usos? son válidos hoxe en día os modelos administrativos que se están a aplicar? estes modelos tratan ás persoas como axentes activos e participativos ou só como consumidoras de información?

Cada vez son máis as voces que piden que empecemos a entender e administrar o sistema de frecuencias como espazo público, porque cada vez son máis as dinámicas e procesos sociais que se están a sacar da rúa e trasladando ás ondas grazas as tecnoloxías que permiten aos individuos actuar como creadores e emisores de información.

A exposición “Reclaim the Spectrum” que tivo lugar recentemente en Sevilla no marco do festival Zemos98 pretendía chamar a atención sobre a necesidade de que se abra este necesario debate sobre a forma en que se deciden os usos do espazo radioeléctrico.

Reclaim the Spectrum

Podes descargar o Catálogo completo da exposición Reclaim the Spectrum en PDF

Fonte: consumer.es


Os capuchóns dos bolis BIC

EtiopíaUn obxecto tan insignificante para nós coma o capuchón dun bolígrafo é un recurso estupendo para facer un colar.

Falamos continuamente de tecnoloxía, máquinas, aparatos e sistemas que nos fan a vida máis cómoda, permítenos comunicarnos ou pasar momentos de ocio. É o que temos no noso entorno. Porén,  millóns de persoas no mundo non teñen acceso á tecnoloxía máis básica, ou peor aínda, non teñen acceso á auga ou ao alimento.

Falamos de fenda dixital? A fenda é aínda máis profunda.

Creo que a partir de agora tratarei aos capuchóns dos bolígrafos con máis respecto.

A fotografía é de Fernando Ruiz, profesor de tecnoloxía que nos amosa as fotografías das súas viaxes no seu blogue fertec314