Software libre en galego

Queres saber de onde vén ese software libre que hai en galego?

Onte no programa Ben Falado da TVG falaron do Proxecto Trasno, proxecto adicado á adaptación á lingua galega do sistema GNU/Linux e do software libre en xeral.

Clica na imaxe para ver a reportaxe:

trasno.jpg

Aquí tedes algúns enderezos para atopar software en galego:

Aproveito para dicir que este mes este blogue tomarase un descanso. Hai que cargar pilas para volver con enerxía no comezo de curso.


Historia visual de Internet

Se queredes saber de forma visual e rápida como evolucionou Internet recoméndovos esta animación flash de Discovery Chanel: Internet.

internet_discovery.png

Seleccionamos na ruleta a década que queremos ver e premendo nas flechas do teclado imos avanzando no tempo e vendo os acontecementos máis importantes de Internet.

Aparecen curiosidades. Por exemplo, a primeira mensaxe que se intentou enviar a través da rede en 1969 foi a palabra “login”. O “l” e o “o” chegaron ao seu destino, pero o sistema colapsouse ao chegar ao “g”. Comparádeo cos millóns de datos que circulan hoxe en día pola rede.

Feliz viaxe no tempo!

(Visto en villaves56)


Conversor de .docx a .doc

convert_docx-doc.jpgSempre recomendo usar Open Office, pero máis dunha vez chega alguén cun traballo feito na casa en formato .docx de Microsoft Office 2007 e non pode abrilo.

Pódese solucionar con este conversor de .docx a .doc

Non precisa rexistro, nin dar o noso e-mail, nin nada. Só hai que subir o arquivo .docx, darlle a converter e Listo!


OpenOffice 3.2 en galego

oologo3.jpgXa podedes descargar a versión 3.2 de OpenOffice en galego.

Entre as novidades destaca a súa maior velocidade de funcionamento respecto ás versións anteriores.

Aquí tedes as ligazóns directas (arquivos executables):

Para outros sistemas operativos e idiomas vai á páxina oficial.

(Visto en g11n.net)