tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Novos recursos: Arduíno, impresión 3D e App Inventor

Na sección de contidos desta web tendes novos recursos elaborados durante unha licenza de formación da Consellería de Educación durante o primeiro trimestre deste curso.

keypad_fritzingArduíno

Ábrese unha nova sección de control e robótica. De momento o material dispoñible nela é sobre Arduíno e inclúe prácticas e proxectos de diversos niveis de dificultade, con propostas de mellora e ampliación.

Está baseado na experiencia destes anos con Arduíno no IES Primeiro de Marzo de Baiona. As primeiras prácticas son utilizadas para aprender a programar, e despois, para os proxectos que se vaian realizar, inclúese información con exemplos e prácticas para consultar e adaptar segundo as necesidades.

Co tempo irei ampliando esta sección con novos proxectos que vaiamos facendo na aula e sobre outro material de robótica.

Impresión 3D

varrido-solido-e1480525894948A sección de Impresión 3D foi realizada por Alicia Pérez, do IES María Soliño (Cangas).

Inclúe información sobre como configurar a impresora 3D mediante o programa Cura e diversas prácticas de deseño CAD 3D co programa Onshape, CAD online moi recomendable para traballar na educación secundaria.

App Inventor

paris-205x300Unha aplicación moi interesante para aprender a programar na materia de TIC é App Inventor. Pódense facer miles de cousas conectando bloques para sacar proveito dos dispositivos Android.

Nesta sección realizada tamén por Alicia podes ver exemplos variados e propostas de ampliación.

 

Agardamos que vos resulten de utilidade!

 

 …

Paréntese

Comezará axiña o curso 2013-2014, pero este blogue seguirá no estado de letargo dos últimos meses, provocado primeiro por un embarazo complicado que me mantivo fóra das aulas e agora pola atención constante que demanda un pequechiño recentemente chegado ao mundo.

Teño algúns artigos pendentes para publicar, e irán saíndo a medida en que vaia atopando tempo para dedicarlle a este blogue, que non teño intención de abandonar. Trátase unicamente dunha situación pasaxeira que durará polo menos ata que remate o permiso de maternidade e volva de novo a dar clase. Mentres tanto intentarei polo menos atopar de cando en vez algún que outro oco para publicar algunha información tecnolóxica ou as novas que xurdan en relación coa nefasta LOMCE.

A todas e a todos os que volvedes estes días aos centros de ensino, feliz comezo de curso!…

Novo curso, nova sección

Despois dun verán de desconexión total penso que xa é hora de ir mentalizándose para enfrontar o novo curso que comeza. A ver se arrincamos!

De momento podo anunciar que este blogue vai contar cun colaborador: Daniel R. Pizarro @Tecnocoia, profesor de Tecnoloxía no IES Alexandre Bóveda (Vigo), que nos traerá de forma periódica recomendacións e crítica literaria sobre ciencia e tecnoloxía (ensaios, ciencia ficción, banda deseñada, …) abrindo unha nova sección “Tecnolecturas“.

Benvido!!…


1 2 3 5