Aniversario

GrazasCase o esquezo! Hai un ano, o 27 de Xullo de 2007 escribín a primeira entrada neste blogue, depois duns cantos “probando” previos, claro. Así que este blogue está de aniversario, anque cuns días de retraso. Mala data para celebracións no ciberespazo.

Grazas a todas as persoas que ledes e seguides esta pequena contribución á difusión do ensino da tecnoloxía na educación secundaria.


Fóra da aula

Para quen vaia matricularse na universidade: Ollo!, que alí tamén pódente expulsar da aula, pero de xeito algo máis enrevesado que no insti.

Fóra da aula

Non sei se este cartel plantexa un problema topolóxico a resolver mediante ecuacións matemáticas complexas, aplicando o concepto de universos paralelos, ou demáis comeduras de tarro que vos ides atopar no ensino superior universitario. A ver se dades coa solución.

Boa sorte na carreira! E desfrutade tamén dos corredores.

(Fonte: Belay: O sen sentido, as normas ao reves!!!)


EDU 1:1

Edu 1:1Únome á iniciativa de Alberto Armada de escribir este post no meu blogue:

Solicito que se incorporen sen demora as TIC ao ensino público en tódalas aulas do estado español en condicións de igualdade e cos máximos recursos.

É que basta ver o que se fai máis alá do telón de grelos para darte de conta das desigualdades que hai entre uns lugares e outros ou entre uns centros e outros. E Galicia na cola :-(


A tecnoloxía comeza na túa cabeza

A tecnoloxía comeza na túa cabeza

Imaxe obtida de sincita, colectivo que realiza intervencións en espazos abertos en Barcelona e varias cidades arxentinas, utilizando textos obtidos de foros, blogs e listas de correo. Defenden que a palabra que circula na web 2.0 permite producir pensamento, escribir e re-escribir na denominada internet social. Internet sae á rúa. (Grazas Chelucana pola foto)

“A tecnoloxía comeza na túa cabeza”

Que nos queren dicir con esta frase?

– “A Tecnoloxía só é importante cando temos unha idea, un plano de como usala” é un comentario da entrada en sincita.
– “Antes de conectar un circuíto hai que conectar as neuronas” é algo que lles digo ós meus alumnos e alumnas.
– “Sen creatividade, ideas, non é posible facer tecnoloxía” afirmamos as persoas amantes do deseño, da invención, da solución creativa dos problemas técnicos.

Admítense máis interpretacións …