tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Galería de reliquias tecnolóxicas

PONGO xornal “La Voz de Galicia” busca tecnoloxía obsoleta. Invitan a que lles envíes unha foto para completar a súa galería de reliquias tecnolóxicas. Aquí tes máis información.

imaxe do xogoDas imaxes que vin na galería, eu quédome co “Pong”. Considérase que foi o primeiro videoxogo, polo menos o primeiro que se fixo popular, disto xa hai uns 30 anos. Este trebello electrónico conectábase á tele, que daquela era en branco e negro, e mediante uns cursores debías controlar as raquetas para evitar que pasara a bola. Lembro que se podía seleccionar “con ángulo” ou “sen ángulo”. En fin, toda una reliquia do pasado.

Nesta páxina podes botar unha partida, aínda que non é o mesmo, por suposto que era moito mellor na tele.…

A importancia das unidades de medida

MCO_OrbitQue pesados coas unidades! deben de pensar moitos alumnos e alumnas cando insistimos en que as indiquen correctamente. Pero é que non é para menos. Aquí vai un exemplo das consecuencias que pode ter non indicar correctamente as unidades de medida:

En setembro de 1999 a sonda espacial Mars Climate, enviada pola NASA para manterse na órbita de Marte e estudar o seu clima, estrelouse contra a súa superficie e quedou completamente estragada. Segundo fontes da NASA, o desastre debeuse a un erro nas unidades dos datos que se subministraron ao ordenador de abordo.

Resulta que na construción participaron empresas diferentes, e utilizáronse distintos sistemas de unidades para o deseño e construción da sonda espacial e para a programación dos sistemas de navegación. No primeiro caso os datos viñan expresados no sistema inglés de unidades (pés, millas, libras, …) mentres que no segundo caso utilizouse o Sistema Internacional de Unidades (S.I.) (metros, kilogramos, …)

Os datos e cálculos que fixo a empresa encargada do deseño da sonda espacial (sistema inglés) foron enviados á empresa encargada de programar os sistemas de navegación (que utiliza o Sistema Internacional), pero grave erro!, os datos enviáronse sen especificar as unidades de medida utilizadas, e a segunda empresa interpretounos como se estiveran expresados no S.I.. O resultado foi que os ordenadores da nave realizaron uns cálculos erróneos e situaron a nave nunha órbita equivocada, o que provocou o desastre.

Fonte: El rincón de la ciencia


1 17 18 19