tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Comezar con Ubuntu

carousel-book.pngA verdade é que Ubuntu é tan intuitivo e doado de manexar que non fai falta para nada un titorial para comezar a traballar con el. Chega con poñerse a fedellar nos menús e facer as cousas habituais para que en moi pouco tempo nos pareza que levamos con este sistema operativo toda a vida. E cando hai algo que non sabemos facer, non hai mellor cousa que buscar en google: en internet aparecen tódalas respostas. Se non necesitastes ningún manual para usar windows, linux non ía ser menos.

De tódolos xeitos, se hai alguén que non se atreve a aventurarse con Ubuntu sen axuda, temos á nosa disposición o manual “Comezar con Ubuntu“, unha guía para principiantes, en galego, que pode axudarnos coa instalación e a realizar as tarefas diarias como navegar pola rede, escoitar música, clasificar os arquivos, etc.

Animádesvos?

Ligazóns:

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

4 Comments

  1. WUBI: conoces WUBI? http://www.ubuntu.com/desktop/get-ubuntu/windows-installer es un instalador de Ubuntu que corre sobre Güind’ous. Te lo bajas del web, lo ejecutas, le dices cuantos GB destinarás a Ubuntu, el Password de root y él solito te analiza el hard y te baja la ISO más conveniente, luego la instala, se reinicia, le metes el password y se acaba de instalar en dual con tu Güind’ous.
    Que te mola más Ubuntu… pues ya te bajas una ISO montas un USB para instalarlo y listos. Que no te mola nada de nada, pues abres Güind’ous vas al panel de control y desinstalas Wubi recuperando todo el espacio del disco duro y desapareciendo la arrancada dual…

    Otra opción es hacerlo correr sobre máquinas virtuales (VirtualBox, VMware…) que permiten otro tipo de ‘juegos’

    Good Morning Vietnam!

  2. Gracias Catbrush, non o coñecía.
    O CD de Ubuntu tamén permite probar Ubuntu sen instalar ou instalalo con arranque dual sen cargarte windows.
    A cuestión é que a xente o probe, e poñer as cousas fáciles.

  3. Yo probé versiones antiguas y por unos meses me olvidé del windows. Al comprarme el portátil nuevo volví a windows pero tengo en mente instalar el 10.10 de ubuntu y dejar windows en virtual box o en partición para programas específicos? ¿qué sería mejor?

  4. Eu teño Ubuntu como principal e windows nunha partición, pero é raro que a use xa que a maioría de programas para windows (sen alternativa convincente en linux) pódense executar en Ubuntu co emulador wine.

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.