tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Cor RGB

RGBcolor-300x270Para representar unha cor nunha pantalla adóitase utilizar o modelo de cor RGB (R= red, vermello; G= green, verde; B= blue, azul).  O código de cores RGB baséase na mestura das cores vermello, verde e azul con maior ou menor intensidade para acadar toda a gama completa.  Cada unha das cores RGB pode tomar un valor entre 0 e 255 en decimal ou entre 00 e FF en hexadecimal, co que se consegue un total de 256 3 = 16.777.216 cores distintas.

Por exemplo:

Cor dec hex Cor dec hex
vermello 255,0,0 #FF0000 amarelo 255,255,0 #FFFF00
verde 0,255,0 #00FF00 ciano 0,255,255 #00FFFF
azul 0,0,255 #0000FF maxenta 255,0,255 #FF00FF
branco 255,255,255 #FFFFFF negro 0,0,0 #000000

 

Na seguinte aplicación feita con Scratch podes ver como varía a cor segundo os valores RGB que elixas:
[Scratch: Cor RGB]

corscratch1Cor no Scratch

No Scratch 1.4, cando queremos definir a cor do lapis aparécenos unha paleta na que podemos seleccionar a cor desexada. Porén, no Scratch 2.0 só se pode seleccionar unha cor que estea visible na pantalla.

Unha opción é crear coa ferramenta de debuxo un sprite que conteña as cores que queremos utilizar e seleccionalas dende alí.

Tamén podemos definir a cor mediante un valor que vai desde 0 ata 200, que corresponde á seguinte paleta: Pen_color

Pen_color2

Se queremos unha cor específica definida mediante o código RGB, temos tres opcións:

corscratch2

Control dun LED RGB con arduino

rgb-led

Un LED RGB  é un LED que incorpora tres LEDs no mesmo encapsulado, de xeito que se poden formar miles de cores axustando de maneira individual a intensidade de cada LED. O tres LEDs poden estar unidos polo cátodo ou polo ánodo.

Dependendo da intensidade de cada un dos LEDs RGB obteremos diferentes cores. O que imos facer é enviar un valor entre 0 e 255 a cada un dos pins PWM dos LEDs.

Na seguinte simulación feita con 123D circuits podes ver un o código utilizado para obter diferentes cores dun LED RGB.
Simulación:

Se queredes controlar un LED RGB conectado a unha placa arduino a través do móbil mediante Bluetooth podedes ver este proxecto de instructables.

rgbBluetooth

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

One Comment

  1. Pingback: Cor RGB | sindofdez

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.