Destripando trebellos!

TrebellosTrebellos e unha web na que o alumnado de 3º e 4º de PDC publicou os seus traballos de análise de obxectos.

O traballo consistiu en traer obxectos da casa que non funcionaban e desmontalos pouco a pouco para analizar a súa composición, funcionamento e intentar arranxalos se non estaban moi estragados. Todo a un nivel de profundización asequible para o alumnado de diversificación.

Se vos gusta podedes deixarlles un comentario no libro de visitas.

Pásate por Trebellos!


Deixa un comentario