Electricidade de vertixe

Despois de ver este vídeo non volverei dicir que cambiar unha lámpada é moi doado e que non ten nada de perigoso. Mirade estes técnicos que teñen que subir a 832 m de altura para facer unha simple reparación da lámpada dunha antena. Que vertixe!


[youtube: O traballo máis perigoso do mundo]
(Visto en bricogeek.com)

Chégalle ben tamén ter que traballar revisando liñas de alta tensión, duns 200.000 V. Fixádevos nos arcos eléctricos que se forman cando o operario achégase ao cable. Sabedes por que se forman?


[dailymotion: High Voltage Cable Inspection]
(Visto en Capitán Nemo)

Visto o anterior, traballar no mantemento de aeroxeradores eólicos non é nada:
scotlandwindturbine.jpg
(Visto en gizmodo.es)


2 comentarios en “Electricidade de vertixe”

  1. Se non me engano, en proporción, hai máis accidentes en baixa tensión que en alta, por unha razón: a psicoloxía. Cando un se achega a unha desas torretas de 200KV xa sente un zoar que intimida, en cambio, os interruptores, as bombillas… a esas cousas de diario non lle temos tanto respeto (incluídos os profesionais), e poden facer igual de mal que a A.T.

    Responder
  2. Si, supoño que o exceso de confianza provoca moitos accidentes, pero se hai máis en baixa tensión supoño que será porque é a máis accesible e manipúlase máis.
    Desde logo que deben respectarse sempre as normas básicas de seguridade para non levar ningún susto.

    Responder

Deixa un comentario