Electricidade

tecnoloxia.org

Voltaxe

Voltaxe, tensión ou diferenza de potencial.

pilaA pila ou batería subministra a enerxía necesaria para que as cargas eléctricas circulen por un circuíto. Tódalas pilas e baterías indican nas súas características a voltaxe que nos proporcionan.

Fíxate na batería do teu teléfono móbil: Que voltaxe marca? E o cargador?

A tensión ou voltaxe (V), é a enerxía por unidade de carga que proporciona unha pila ou fonte de alimentación.
Mídese en Voltios (V)

Cando falamos de diferenza de potencial referímonos á diferenza de enerxía por unidade de carga entre dous puntos dun circuíto.

Aumentando a voltaxe

Cantos máis voltios subministremos a un circuíto, máis enerxía terán os electróns para moverse, pero coidado, porque se nos pasamos os elementos do circuíto pódense estragar. Hai un límite.

Nos seguintes circuítos fai clic para accionar o interruptor, separa o cursor da imaxe para volver á posición inicial. Verás que se funde a lámpada que está conectada a 12 V, pois non soporta esa voltaxe entre os seus terminais.
circuito16

Se conectamos varias pilas en serie podemos obter máis voltaxe. Por exemplo, se conectamos en serie dúas pilas de 1,5V obtemos unha voltaxe total de 3V. Fíxate na figura, o polo positivo dunha pila conéctase co polo negativo da seguinte.

pilas en serie (símbolo)pilas en serie

 

·

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.