Electricidade

tecnoloxia.org

Resistencia

Resistencia eléctrica.

A resistencia eléctrica (R) indica a oposición que presentan os condutores ao paso da corrente eléctrica .
Mídese en Ohmios (Ω).

Nas seguintes imaxes obsérvase que os electróns teñen máis dificultade para circular polo segundo condutor que polo primeiro. O segundo condutor ten máis resistencia.

menos resistencia    máis resistencia

Condutores e illantes

Os materiais condutores teñen pouca resistencia, pois permiten que a corrente eléctrica circule por eles.

Os materiais illantes presentan unha resistencia moi alta, tan alta que non permiten o paso de electróns.

Receptores

Todos os receptores (lámpadas, motores, etc.) que poñamos nun circuíto teñen resistencia e, polo tanto, ós electróns resúltalles máis difícil circular cantos máis elementos deses conectemos.

Acende todos os circuítos. Verás que cantas máis lámpadas conectemos en serie no circuíto máis resistencia haberá e as lámpadas alumearán menos, xa que aos electróns cada vez lles custará máis circular.
circuito19 circuito17 circuito18

 

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.