Electricidade

tecnoloxia.org

Lei de Ohm

A Lei de Ohm relaciona as magnitudes de voltaxe, resistencia e intensidade da seguinte maneira:

V = I · R

Trátase dunha ecuación de primeiro grao na que podes despexar a magnitude que queiras calcular cando coñeces as outras dúas.

Lei de ohm. Triángulo. I R V Existe unha regra mnemotécnica que te pode axudar. Consiste nun triángulo como o da imaxe.Cando tapas coa man a magnitude que queres calcular podes ver os cálculos que debes facer.

Fai clic en V, I ou R dentro do triángulo para ver o resultado.

 

Cálculos coa Lei de Ohm:

[Scratch: Lei de Ohm]
Elixe a magnitude que queiras calcular, introduce os datos que che piden e terás o resultado.

 

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.