Electricidade

tecnoloxia.org

Enerxía eléctrica

No ámbito da tecnoloxía, a enerxía é parte fundamental, xa que tódolos aparellos e sistemas requiren un aporte enerxético para o seu funcionamento.

Definición:

A enerxía eléctrica pódese definir como o traballo necesario para desprazar unha carga eléctrica entre dous puntos sometidos a unha diferencia de potencial.
Mídese de Xulios (J) ou kilovatios-hora (kWh) (1 kWh = 3,6·106J)

Cálculos:

A enerxía pódese calcular mediante a seguinte expresión:

E = V · I · t

Onde V é a diferencia de potencial en voltios (V), I é a intensidade en amperios (A) e t é o tempo en segundos (s) que está o circuíto conectado.enerxía

Por exemplo, ao condutor da figura aplícaselle unha tensión de 10 voltios e circula unha intensidade de 0.5 amperios. A enerxía consumida durante 1 segundo será:

E = V · I · t =10V · 0.5A · 1s = 5 J

Exercicios:

En reparación

 

 

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.