Electricidade

tecnoloxia.org

Potencia eléctrica

Definición

A potencia eléctrica (P) é a enerxía consumida por unidade de tempo.
Mídese en vatios (W)

Canta máis potencia teña un aparello eléctrico

  • máis enerxía eléctrica consume na unidade de tempo.
  • menos tardará en consumir unha certa cantidade de enerxía.

cociña eléctricaPor exemplo, para quentar unha pota de auga necesitamos unha determinada cantidade de enerxía calorífica, con independencia do sistema que utilicemos para quentala.

Unha vitrocerámica consume enerxía eléctrica e transfórmaa en enerxía calorífica. Canta máis potencia seleccione na vitrocerámica, menos tempo vou necesitar para quentar esa pota de auga, pero a enerxía eléctrica consumida é a mesma (sen contar a que estragamos).

Cálculos:

P = E / t  =>  E = P · t

Como E = V · I · t , temos que: P = V · I

V= voltaxe en voltios (V), I = intensidade en amperios (A)

Unidades:

P = potencia en vatios (W), E = enerxía en xulios (J) e t= tempo en segundos (s)

P = potencia en kilovatios (kW), E = enerxía en kilovatios-hora (kWh) e t= tempo en horas (h)

 

Exercicios:

En reparación!

 

 

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.