Curtocircuíto

curtocircuítoSe nun circuíto non poñemos entre os terminais da pila ou batería ningún elemento que teña resistencia, haberá moi pouca oposición ao paso de corrente e os electróns fluirán moi facilmente. A intensidade será elevadísima. Estamos no caso dun curtocircuíto.

Coida ben de non facer curtocircuítos cando montes circuítos eléctricos nos teus proxectos, pois os receptores non funcionarán. A electricidade sempre vai polo camiño que menos resistencia ten.

Por exemplo, nos seguintes circuítos as lámpadas non funcionan porque a corrente eléctrica decide ir polo cable que non ten ningún receptor: (Fai clic para pechar os interruptores, e fai dobre clic para abrilos)

curtocircuito4 curtocircuito2 curtocircuito3
curtocircuítoTen coidado tamén de que os bornes das túas pilas non se conecten directamente, pois gastaranse moi pronto. Cando non as uses protéxeas cun envoltorio illante (papel, plástico, unha caixa, …)

 

·


Deixa un comentario