Electricidade

tecnoloxia.org

Cálculos

Nesta sección verás como se poden calcular as magnitudes eléctricas nos circuítos serie, paralelo e mixto. Deberías repasar previamente a sección “Magnitudes eléctricas” para acordarte dos conceptos básicos.

Circuíto serie:

circuito_serie7

  • A resistencia equivalente é a suma de todas as resistencias dos compoñentes.
    RT = R1 + R2 + R3
  • Por tódolos compoñentes circula a mesma intensidade
    IT = I1 = I2 = I3
  • A diferencia de potencial total é a suma das diferencias de potencial de todos os compoñentes.
    VT = V1 + V2 + V3

 

Para realizar os cálculos utilizamos o cadro da dereita. Cando coñecemos dous valores dunha columna podemos calcular o terceiro mediante a lei de Ohm.

  1. táboa de cálculosApuntamos os datos que temos aplicar
  2. Calculamos a resistencia equivalente: RT=  R1 + R2 + R3.
    100 Ω + 100 Ω + 100 Ω = 300 Ω aplicar
  3. Mediante a lei de Ohm calculamos a intensidade total do circuíto: IT= VT / RT
    IT= 9 V / 300 Ω = 0.03 A aplicar
  4. Como tódolos compoñentes están en serie sabemos que IT = I1 = I2 = I3 = 0.03 A aplicar
  5. Agora, mediante a Lei de Ohm, podemos calcular as diferencias de potencial de cada unha das lámpadas
    V1 = I1 R1 = 0.03 A · 100 Ω = 3 V
    V2 = I2 R2 = 0.03 A · 100 Ω = 3 V
    V3 = I3 R3 = 0.03 A · 100 Ω = 3 V
    aplicar
  6. Comprobación: A voltaxe da pila debe ser a suma das diferencias de potencial dos compoñentes
    VT = V1 + V2 + V3 ; 9 V = 3V + 3V + 3V Correcto!

circuito_paralelo6

Circuíto en paralelo:

  • A resistencia equivalente é:
    1/RT = 1/R1 + 1/R2 + 1/R3
  • A intensidade total é a suma de tódalas intensidades.
    IT = I1 + I2 + I3
  • Tódolos compoñentes teñen a mesma diferencia de potencial.
    VT = V1 = V2 = V3

Para realizar os cálculos utilizamos o cadro da dereita. Cando coñecemos dous valores dunha columna podemos calcular o terceiro mediante a lei de Ohm.

  1. táboa de cálculosApuntamos os datos que temos aplicar
  2. Calculamos a resistencia equivalente:
    1/RT=  1/R1 + 1/R2 + 1/R3.
    1/RT= 1/100 + 1/100 + 1/100 = 3/100 ;
    RT= 100/3 = 33.33Ω aplicar
  3. Mediante a lei de Ohm calculamos a intensidade total do circuíto: IT= VT / RT
    IT= 6 V / 33.33 Ω = 0.18 A aplicar
  4. Como tódolos compoñentes están en paralelo sabemos que VT = V1 = V2 = V3 = 6 V aplicar
  5. Agora, mediante a Lei de Ohm, podemos calcular as intensidades que circulan por cada unha das resistencias
    I1= V1 / R1 = 6 V / 100 Ω = 0.06 A
    I2= V2 / R2 = 6 V / 100 Ω = 0.06 A
    I3= V3 / R3 = 6 V / 100 Ω = 0.06 A
    aplicar
  6. Comprobación: A intensidade total que circula é a suma das intensidades que circulan por cada un dos compoñentes
    IT = I1 + I2 + I3 ; 0.18 A = 0.06 A + 0.06 A + 0.06 A ¡correcto!

 

Circuíto mixto

O procedemento é similar ao visto para os circuítos serie e paralelo, e debes ter claro como se comporta V, I e R en cada un deles.

Exemplo1:

circuíto mixto

  1. Primeiro calculamos a resistencia equivalente do paralelo:
    1/Rp=  1/R1 + 1/R2
    1/Rp= 1/80 + 1/80 = 2/80 ;
    RT= 80/2 = 40 Ω
    aplicar
  2. Logo calculamos a resistencia equivalente en serie:
    Re= Rp + R3 = 40 + 80 = 120 Ω
    aplicar

Exemplo2:

circuíto mixto

  1. Primeiro calculamos a resistencia equivalente do paralelo:
    1/Rp=  1/R2 + 1/R3
    1/Rp= 1/80 + 1/80 = 2/80 ;
    Rp= 80/2 = 40 Ω
    aplicar
  2. Despois claculamos a resistencia equivalente en serie:
    Rs1= R1 + Rp = 160 + 40 = 200 Ω
    Rs2= R4 + R5 = 100 + 100 = 200 Ω
    aplicar
  3. Por último calculamos a resistencia equivalente do paralelo resultante:
    1/Re=  1/Rs1 + 1/Rs2
    1/Re= 1/200 + 1/200 = 2/200 ;
    Re= 200/2 = 100 Ω
    aplicar

Simulador

[Scratch: Magnitudes eléctricas en circuítos]
1- Elixe serie ou paralelo
2- Preme no interruptor para acender o circuíto.
3- Varía os valores das resistencias e da voltaxe da pila e observa os cambios na intensidade de corrente e na diferencia de potencial de cada lámpada.

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.