Electricidade

tecnoloxia.org

Compoñentes dun circuíto

Aínda que xa coñecemos algúns compoñentes que forman un circuíto eléctrico, nesta sección profundaremos un pouco máis, coñeceremos máis compoñentes  e aprenderemos a conectalos para deseñar e montar circuítos para os nosos proxectos.

  • Podes descargar o cuestionario de navegación: Compoñentes: (odt | pdf)

Clasificación:

Para montar un circuíto eléctrico necesitamos os seguintes compoñentes básicos: compoñentes dun circuíto eléctrico

  1. Un xerador ou acumulador que proporcione a diferencia de potencial necesaria para que a corrente eléctrica flúa polo circuíto. Pode ser unha pila, unha batería, unha fonte de alimentación, ou un xerador de corrente continua ou alterna.
  2. Un medio condutor polo que a corrente eléctrica poda circular. Pode ser un cable, unha chapa metálica, unha placa de prototipos, unha placa de circuítos impresos, etc.
  3. Uns elementos receptores da enerxía eléctrica que a transformen noutro tipo de enerxía: unha lámpada para proporcionar luz e calor, un motor que proporciona movemento, etc.
  4. Uns elementos de manobra ou control que me permitan controlar o circuíto, abrindo ou pechando o paso de corrente. Temos para iso os interruptores, pulsadores, conmutadores, etc.
  5. Tamén podemos introducir elementos de protección, que protexen aos elementos do circuíto de posibles sobrecargas. Por exemplo, un fusible ten esa función.

 

 

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.