Electricidade

tecnoloxia.org

Medio condutor

circuitboardPara que circule a corrente a través dun circuíto necesitamos un medio condutor. Este medio está formado por un material condutor, que é aquel que presenta pouca resistencia ó paso da corrente eléctrica. Por estes materiais os electróns poden desprazarse libremente dun punto a outro se lle conectamos unha fonte de tensión entre dous puntos.

Para construír circuítos podemos utilizar como medio condutor:

  • Cables
  • Placas de prototipos
  • Placas de circuítos impresos.

cableCables

Os cables están formados, en xeral, por un conxunto de fíos de cobre (condutor) e están cubertos por unha envoltura de plástico (illante).

cable peladoAntes de conectar un cable a un compoñente debes pelar o plástico e retorcer os fíos de cobre como se mostra na imaxe, xa que un pequeno fío que quede solto pode provocar fallos no circuíto se fai contacto onde non debe.

Símbolos: Cando deseñes un circuíto un pouco complicado é importante que diferencies entre os cables que están conectados dos que se crucen sen conexión, para que non te equivoques na montaxe práctica:.

Cruce con conexión:cables conectadoscables conectados   Cruce sen conexión:cables no conectados

Placa de prototipos ou Protoboard

As placas de prototipos úsanse para facer probas de circuítos, e comprobar que funcionan antes de soldar os compoñentes no circuíto definitivo. Utilízase para a montaxe de circuítos electrónicos.

Placa de prototipos ou protoboard

Cando empeces a estudar electrónica practicarás máis coa protoboard.

Placas de circuítos impresosplaca de circuítos impresosplaca de circuítos impresos

Podes montar un circuíto utilizando unha placa de circuíto impreso. Nela a corrente eléctrica circula por uns camiños de cobre e os compoñentes sóldanse á placa con estaño.

Circuíto impreso

 

 

·
 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.