Electricidade

tecnoloxia.org

Receptores

Os receptores son aqueles elementos capaces de aproveitar o paso da corrente eléctrica para producir algún efecto. Transforman a enerxía eléctrica noutro tipo de enerxía útil.

Entre eles atopamos os motores, as resistencias, as lámpadas, os zoadores, etc.

Lámpada Díodo LED zoador Motor Resistencia Altofalante
lámpada (símbolo) LED (símbolo) zoador motor (símbolo) resistencia (símbolo)
resistencia (símbolo)
altofalante
lámpadas LED zoador motor resistencia altofalante

LED

Polaridade

Algúns destes receptores teñen polaridade, é dicir, un dos seus terminais débese conectar ao polo positivo e o outro ao negativo, e ao revés non funciona.

No caso dos LEDs, a pata longa vai sempre ao positivo e a curta ao negativo.

No caso do zoador, o que vai ao positivo é o cable vermello, e ao negativo o cable negro.

zoador

Código de cores das resistencias

codigo_cores0200px-4-Band_Resistor.svgAs resistencias teñen un código de cores que indica o seu valor.

  • A primeira franxa indica a primeira cifra
  • A segunda franxa indica a segunda cifra
  • A terceira franxa indica o número de ceros
  • A cuarta franxa indica a tolerancia

Podes descargar aquí a táboa de valores (odt | pdf)

Simulador:

[Scratch: Código de cores das resistencias]
Simulación do código de cores das resistencias.
Se premes en “Cores” debes elixir as cores da resistencia e dará o valor da mesma.
Se premes en “Valor” debes introducir o valor da resistencia e mostrará as cores.

 

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.