Electricidade

tecnoloxia.org

Que é a electricidade

átomoA electricidade é un fluxo de electróns a través dun medio que sexa capaz de permitir a súa circulación.

Tódolos corpos ou materiais que podemos atopar no universo están constituídos por átomos. Basicamente un átomo está formado por tres tipos de partículas:

  • átomoElectróns
  • Protóns
  • Neutróns

Os protóns e neutróns atópanse no núcleo, e os electróns móvense rapidamente pola codia.

Os electróns son os responsables da corrente eléctrica, son os que se moven a través dun condutor desprazándose dun lugar a outro.
electóns en movemento

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.