Electricidade

tecnoloxia.org

Conmutadores

Conmutadores 1 circuíto varias posicións

Un conmutador é un elemento que establece una asociación entre unha entrada e unha saída das múltiples que ten. Esta conexión perdura no tempo, ata que volvemos a accionar o conmutador.

Conmutador
2 posicións
conmutador 1c2p (símbolo) conmutador 1c2p
Conmutador
multiposicións
conmutador multiposición (símbolo) conmutador rotativo (símbolo) conmutador xiratorio

O conmutador de dúas posicións ten 3 patillas. A conexión do medio é a común, e as patillas A e B son as posibles saídas.
Clica na imaxe para accionar o conmutador. Un dobre clic fai que volva á posición de partida.
circuito5

Unha aplicación do conmutador é poder conectar e desconectar un circuíto dende dous puntos distantes:

circuíto conmutado dende dous puntos

Podemos utilizar un conmutador como interruptor, deixando unha das patas (A ou B) sen conectar.
Clica na imaxe para accionar o conmutador. Un dobre clic fai que volva á posición de partida.
circuito9

Conmutador dobre ou bipolar

O elemento que podes ver na figura trátase dun conmutador 2 circuítos e dúas posicións (6 contactos). Consiste en dous conmutadores de dúas posicións que se activan ao mesmo tempo.

Conmutador
bipolar
conmutador bipolar (símbolo) conmutador bipolar

É importante que identifiques cada unha das patillas antes de conectalo nun circuíto.
Fai clic para cambiar a posición do conmutador dobre. Un dobre clic fai que volva á posición inicial.
conmut2p2c

Pódenos servir para controlar dous circuítos ao mesmo tempo:
Clica na imaxe para accionar o conmutador dobre. Un dobre clic fai que volva á posición de partida.
circuito7

Unha utilidade que ten e servir como chave de cruce, para poder inverter o sentido de xiro dun motor.

conexión cruceCando se inverte a polaridade nas patillas dun motor, cambia o seu sentido de xiro.

Para poder facer isto mediante un conmutador dobre debemos unir as patillas e conectar o motor como se mostra na figura.

Logo debes conectar o motor, unha pila e un interruptor xeral para desconectar completamente o circuíto. Fíxate no sentido da corrente ao cambiar a posición do conmutador bipolar.
Clica na imaxe para accionar o conmutador dobre. Un dobre clic fai que volva á posición de partida.
circuito7

 

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.