Electricidade

tecnoloxia.org

Microinterruptores

Un microinterruptor ou final de carreira é un compoñente que se acciona mediante unha panca empurrada por un elemento en movemento.

Segundo a forma de conectalo, pode comportarse como conmutador ou como pulsador, podendo seleccionar a posición inicial como normalmente aberta (NO) ou normalmente pechada (NC).

Os símbolos que utilizaremos serán os mesmos que os do conmutador e pulsadores, pero debemos indicar no circuíto que se trata de finais de carreira.

 Microinterruptor
microinterruptor
 conexión como conmutador
conexión como
conmutador
 conexión cono pulsador NA
conexión como
interruptor NA
 conexión como pulsador NC
conexión como
interruptor NC

identificación das patillas dun microinterruptorPara realizar as montaxes prácticas, debes identificar as patillas do microinterruptor. A pata que está más preto do apoio da panca é o común, que se debe conectar sempre. A do medio é a normalmente aberta, e a última é a normalmente pechada.

Circuíto inversor de xiro dun motor con parada automática

O seguinte circuíto pode servir, por exemplo para facer un ascensor, a porta dun garaxe ou unha ponte levadiza. Ó chegar ó final do percorrido, tanto nun sentido como noutro, o motor para automaticamente grazas á introdución dos finais de carreira.

circuíto 10

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.