Electricidade

tecnoloxia.org

Intermitente

Podemos fabricar un intermitente accionado mecanicamente. No debuxo ves que unha polea ten pegados uns anacos de madeira. Ao xirar, cada un destes anacos vai premer nunha chapa que, ao xuntarse con outra, fai que se peche o circuíto dunha lámpada.

Utiliza un simulador para deseñar o circuíto e logo debuxa o cableado (descargar pdf). As chapas funcionan coma un pulsador normalmente aberto. Engade un interruptor para conectar e desconectar completamente o circuíto.
intermitente

leva

microinterruptorNo canto das chapas podes utilizar un microinterruptor final de carreira.

Tamén podes facer unha leva ou unha excéntrica e acoplala á polea. Así o intermitente terá menos frecuencia.

 

Se queres podes substituír a lámpada por un zoador, como podes ver no seguinte proxecto deseñado e construído por alumnas de 2º de ESO:

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.