Electricidade

tecnoloxia.org

O circuíto eléctrico

Compoñentes

Para construír un circuíto eléctrico necesitamos:

  • Unha pila: É o elemento que nos proporciona a enerxía necesaria para que os electróns circulen.

pilasímbolo pila

  • Cable: É o medio polo que os electróns van circular. Está composto de cobre, que é un material condutor, e unha envoltura de plástico, que actúa como illante.

cablesímbolo conexión

  • Unha lámpada, un motor ou un zoador.Son os elementos receptores da electricidade. Recíbena para transformala en luz e calor, movemento, ou son respectivamente.

lámpadassímbolo lámpada   motor eléctricosímbolo do motor   zoadorsímbolo do zoador

  • Un interruptor ou pulsador.Son os elementos que me permiten manobrar sobre o circuíto.

interruptorsímbolo interruptor     pulsadoressímbolo do pulsador

Máis adiante coñecerás máis compoñentes para facer montaxes máis complexas, pero isto chéganos para facer os primeiros circuítos.

circuíto simple acender apagar A montaxe

Para que a corrente eléctrica circule, o circuíto ten que estar pechado, ten que haber un camiño entre o polo positivo e o negativo da pila. No momento en que o circuíto se abre os electróns deixan de circular.

Fai clic para pechar os interruptores e dobre clic para abrilos:

Circuíto con interruptor e lámpada
Circuíto con interruptor e motor
Circuíto con pulsador e zoador
circuito1 circuito14 circuito15

Sentido da corrente

As frechas que aparecen sobre o cable marcan o sentido da corrente eléctrica que, por convenio, vai do polo positivo ao polo negativo da pila, aínda que os electróns móvense en sentido contrario.

sentido da corrente

 

·

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.