Electricidade

tecnoloxia.org

Relé de enganche

relé con enclavamento

Relé de enganche ou con encravamento

Un circuíto con encravamento que podes utilizar para os teus proxectos é este da figura:

O pulsador normalmente aberto da entrada é o que acciona o relé, que queda enclavado. Pode ser un pulsador, un microinterruptor final de carreira, ou un circuíto electrónico detector de luz, temperatura, humidade, etc.

O pulsador normalmente pechado ou de desenganche desactiva o relé. Pode ser un pulsador NC, un microinterruptor final de carreira, ou tamén un circuíto electrónico.

Na saída podes colocar o que desexes: unha lámpada, uns LEDs coa súa correspondente resistencia de protección, un motor, un zoador, outro relé, etc.

Un circuíto cun relé con encravamento pódenos servir para moitos proxectos:

Alarmas:

Unha alarma actívase cando se detecta unha situación determinada e mantense activada ata que unha persoa desactiva o circuíto. Por exemplo, podes facer un circuíto para que soe unha alarma cando alguén abra un caixón, e só podas desactivala ti cando premes nun pulsador agochado.
Fai clic no pulsador NA para activar o relé. A alarma queda activada despois de soltar o pulsador. Fai clic no pulsador NC para eliminar o enclavamento.
alarma

pulsador NO pulsador NC
Incorpora esta alarma a unha caixa, un caixón, unha porta, …

Na sección de electrónica tes varios exemplos de detectores (luz, humidade, temperatura, …). Podes utilizalos para activar a alarma, substituíndo o pulsador normalmente aberto pola saída do sensor.

Tamén podes modificar o sinal de saída da alarma cambiando o zoador por unha lámpada, LEDs, etc. Se queres son ou luces intermitentes, podes utilizar un circuíto con 555 en funcionamento astable.

Máquina expendedora:

máquina expendedoraPodes fabricar unha máquina expendedora de caramelos.

Unha ou varias moedas activan o pulsador normalmente aberto (cando a caixa ten o peso suficiente cambia a posición do microinterruptor). O motor ponse en marcha e move unha cinta transportadora. Os caramelos van caendo na caixa ata chegar ao peso axeitado para que se accione un pulsador normalmente pechado, que desengancha o circuíto con relé e detén a cinta transportadora.

Deseña o mecanismo e o circuíto, debuxando as conexións antes de montalo. Ten en conta a polaridade do motor para que a cinta se mova no sentido correcto.

As moedas deben saír da caixa logo de accionar o microinterruptor NA.

Podes regular o peso necesario para activar os microinterrutores cambiando a súa inclinación, utilizando unha panca máis longa (máis sensibilidade), etc.

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.