Electricidade

tecnoloxia.org

Enganche e parada automática

Circuíto de encravamento e inversor de xiro con parada automática

Podemos combinar o circuíto de relés con encravamento e o circuíto inversor de xiro con parada automática para facer múltiples proxectos.

Ascensor:

Ao premer no pulsador dun piso o motor ponse en marcha e avanza ata que chega a altura apropiada. Diso encárgase un circuíto con encravamento. Á saída conéctase un segundo relé inversor de xiro do motor con parada automática. Podes var aquí o esquema eléctrico.

Engádelle unhas luces indicadoras de subida e baixada en cada piso . Anímaste a deseñar o mecanismo e o circuíto?
ascensor. Esquema eléctrico.

Porta automática:

garaxeAcciónase mediante un pulsador, e o motor detense cando a porta queda completamente aberta. Un segundo pulsador doutro lado da porta fai que se peche. O esquema é o mesmo que no caso do ascensor.

Se queres accionar a porta dende dentro e dende fóra, terás que conectar dúas parellas de pulsadores NO e NC de apertura e peche da porta, en serie ou en paralelo? Pénsao, e deseña a conexión axudándote dun simulador.

Engádelle un circuíto de xeito que se acenda un LED verde cando a porta estea completamente aberta e un LED vermello cando estea pechada ou en movemento.

No proxecto da imaxe, os pulsadores de apertura e peche da porta están agochados baixo a estrada de xeito que, cando o coche sitúase enriba, a porta ábrese e péchase automaticamente mediante un sistema piñón-cremalleira. Só funciona nun sentido. Inclúe un detector de escuridade para que se acendan automaticamente os farois cando non hai luz. (Isto pódelo ver na sección de electrónica)

Unha ponte levadiza ou unha barreira dun aparcadoiro

ponte levadiza subirbaixar Podes utilizar o mesmo circuíto para construír unha ponte levadiza ou unha barreira dun aparcadoiro.

Deseña o mecanismo axeitado para o teu proxecto. O movemento pode realizarse mediante poleas, piñóns, piñón cremalleira, … repasa os mecanismos vistos en 2º de ESO.

Adapta o circuíto ao teu proxecto, incorporando luces de paso, un zoador, ou o que desexes.

 

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.