Electricidade

tecnoloxia.org

Concurso

concursoMediante un circuíto con relés, acéndese a lámpada da persoa que prema máis rápido, e a outra queda bloqueada.

Seguramente terás visto na tele algún concurso no que o presentador ou presentadora fai unha pregunta, e os concursantes teñen que activar un pulsador ou interruptor o máis rapidamente posible para poder responder. Acéndese a lámpada do primeiro que pulsa, pero os demáis xa lle poden dar todo o que queiran ao pulsador que a súa lámpada non se acende. O primeiro xogador ou xogadora bloqueou o circuíto dos demáis.

Podemos facer un circuíto de bloqueo con relés, como o que ves no esquema seguinte.

rele -xogo

Deseña un xogo de preguntas para utilizalo na clase:

  • Fabrica un taboleiro de xogo para dous xogadores. Utiliza uns pulsadores ou interruptores fortes, que non se estraguen cos golpes.
  • Incorpora un marcador de 0 a 5. Podes utilizar un sistema mecánico ou, se xa estudaches electrónica, un circuíto cun display.
  • Elabora un cuestionario de preguntas de tecnoloxía. A clase dividirase en grupos que terán que respondelas correctamente. O grupo que faga este proxecto fará os papeis de presentador ou presentadora, animador/a do público, control de luz e son, etc.
  • Indica claramente cales son as regras do xogo (puntuación, eliminación, rebotes, …)

Podes modificar o circuíto:

  • Podes incorporar un zoador cun pulsador que dea o sinal de aviso para que os concursantes dean a súa resposta. Como o conectarías?
Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.