Electricidade

tecnoloxia.org

Corrente continua e alterna

A corrente eléctrica é o movemento de electróns a través dun condutor. Dependendo de como sexa este movemento podemos distinguir entre corrente continua (CC) e corrente alterna (CA).

Corrente continua

Símbolo: símbolo da corrente continua

Cando o movemento de electróns se produce nun mesmo sentido chámase Corrente Continua (CC). A corrente eléctrica sempre circula no mesmo sentido, dende o polo positivo ao polo negativo da pila.

Fai clic para acender a lámpada, e dobre clic para apagala. Verás que a corrente eléctrica sempre circula no mesmo sentido, dende o polo positivo ao polo negativo da pila:
circuito1

Utilizan corrente continua tódolos aparellos que funcionan con pilas ou baterías. Tamén aqueles aparellos que están conectados a unha fonte de alimentación que nos proporcione corrente continua.

Gráfica: A tensión é sempre positiva. Por exemplo, se temos unha batería de 6V, sempre teremos 6V no polo positivo.

gráfica corrente continua

enchufe e toma de correnteCorrente alterna

Símbolo: símbolo da corrente alterna

Cando o movemento dos electróns cambia de sentido cada certo tempo chámase Corrente Alterna (CA). Utilizan corrente alterna tódolos aparellos que se enchufan directamente á rede.

Fai clic na imaxe para pechar o interruptor. Cun dobre clic podes abrilo. Verás que a corrente eléctrica cambia de sentido moitas veces por segundo. Na toma de corrente, os polos positivo e negativo estanse invertendo constantemente:
circuito13

Gráfica: Como podes ver, a tensión xa non é sempre igual, senón que pasa de positiva a negativa sucesivamente.

gráfica

Unha das características da corrente alterna é a frecuencia, que no noso país é de 50 Hercios (Hz); isto quere dicir que nos nosos tomacorrentes e nos terminais dunha lámpada acesa, os polos positivos e negativos invértense sucesivamente 50 veces nun segundo. Os electróns están cambiando de sentido sucesivamente e o que se transmite polo cable son as vibracións.

Adaptadores de corrente

adaptador de correnteHai moitos aparellos que para conectarse á rede utilizan un adaptador como o da figura.

Por exemplo, para cargar a batería do teu móbil necesitas 3.5V de corrente continua, e sen embargo a rede proporciona 230V de corrente alterna. O adaptador o que fai é cambiar de corrente alterna a continua e diminuír a tensión ata o valor de uso.

etiqueta de característicasA etiqueta de características do cargador do meu móbil indica que toma da rede ata 230V de corrente alterna a 50/60 Hz e proporciona unha saída de 5V de corrente continua.

  • 230V CA =  230 voltios de corrente alterna,
  • 50/60Hz = frecuencia de 50/60 hercios
  • 5V CC = 5 voltios de corrente continua

 

·

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

One Comment

  1. Exmplo simples e pratico, diz tudo em poucas palavras e simbolos.

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.