Electricidade

tecnoloxia.org

Electromagnetismo

Un electroimán é un imán que funciona mediante a electricidade.

  • Cando o electroimán está conectado a unha pila ten propiedades magnéticas e é capaz de atraer obxectos metálicos.
  • Cando o desconectamos da corrente perde as súas propiedades magnéticas e deixa de atraer obxectos metálicos.

Este fenómeno resulta moi útil para moitos dispositivos, como timbres, relés, etc. Por exemplo, os guindastres utilizados para mover ferralla están formados por potentes electroimáns.

Construír un electroimán.

electroimán Na imaxe da dereita, fai clic no pulsador para pechalo e activar así o electroimán para atraer os clips. Separa o cursor da imaxe para abrilo de novo e soltar os clips.

  1. Colle un cable moi longo e un anaco de ferro (pode valer un cravo longo).
  2. Enrola o cable ao redor do cravo, con coidado de que non se superpoñan as voltas.
  3. Conecta os extremos do cable a unha pila.
  4. Achega o teu electroimán a uns clips. Verás que son atraídos polo electroimán.
  5. Desconecta a pila, e verás como o electroimán deixa de atraer e os clips cáense.

 

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.